A obra de Tenreiro descatalogada
A actividade que desenvolveu en Pontedeume Antonio Tenreiro Rodríguez non só é amplamente descoñecida, nin sequera merece figurar no catálogo de bens culturais do concello, excepción feita do edificio do mercado municipal, que a piques estivo de ser demolido e sustituído por un moderno centro comercial e un aparcadoiro para vehículos.
Este inxusto esquecemento da obra do que fora un dos renovadores da arquitectura galega de principios do século XX semella unha repetición do afastamento que sufriu o propio Tenreiro cando foi expedientado polas autoridades franquistas a principios dos anos 40.
A desmemoria faise extensible a unha parte importante da producción arquitectónica dos anos 40 e 50, da que son autores arquitectos como Peregrín Estellés, que colaborou con Tenreiro na construcció
n do mercado municipal, ou Rodolfo Ucha, que deixou en Ferrol unha orixinal obra de carácter modernista.
Cóntanos Mónica Vázquez Astorga, nun artículo da revista Cátedra adicado á arquitectura eumesa dos anos 40 e 50, que, na súa maioría, son vivendas para a clase media, de tres o catro pisos, cun mirador na fachada como elemento característico. A estructura interior é respectuosa cos modelos tradicionais, non así os materiais, onde predomina o formigón e o ladrillo. O modelo foi imitado fóra do casco urbano.





