Caldagueiro outra maniobra especulativa ilegal


De novo podemos ver como os redactores do PXOM volven a manipular as cousas para favorecer determinados intereses particulares de sobras coñecidos.

No informe emitido pola Xunta en Xuño de 2007 indicaba para estos terreos de Caldagueiro: “a parte noroeste do UNC-1, entre a CP-4.803 e a estación do tren, cara ó oeste ó longo da costa que, de urbanizarse, suporá un grande impacto visual debido á topografía. Esta zona debería ser clasificada como solo rústico de protección de costas, segundo o artigo 32.2.e da Lei 9/2002”.

A xunta tamén era crítica coas alturas nesta zona: Cómpre lembrar os imperativos que impón o artigo 104 da lei 9/2002 no que atinxe á ordenación da zona do núcleo urbano de Pontedeume entre a CP-4803 e a vía do tren, no noroeste, entre outras, por mor das súas condicións topográficas e paisaxísticas. En relación co antedito non se xustifica a ordenanza U-I B+3 e B+4 na zona de grandes pendentes na fronte marítima que da á praia de Cabanas”.

As indicacións da Xunta eran claras, cando menos os terreos na zona noroeste, esquerda no plano superior, deberían ser solo rústico de protección de costas, e non era xustificable a implantación de edificacións de B+3 como se indican agora.

Pese a esta advertencia da Xunta os redactores do PXOM insisten tercamente en continuar a urbanización ilegal iniciada no ano 2003, optando en primeiro lugar por clasificar como urbano consolidado o bloque xa construido na parte superior, tentando a sua legalización directa, para eso incluso aumenta o fondo edificable a 15 metros para acoller a construcción cando no resto do solo urbano se queda en 10 ou 12 m, legalizando tamén o bloque a medio construir contra a estrada da estación. O resto dos terreos os califica con urbano non consolidado.

Pero por senon fora pouco o atrevemento vai mais aló xa que xustamente os terreos na zona noroeste aos que a Xunta facia referencia, indicados como SCPL-2 no plano, son calificados agora como solo dotacional según as previsións indicadas na páxina 115 da memoria xustificativa, e son os que a promotora desta urbanización cede para un auditorio de 600 espectadores a construir con presuposto público.

Pero a LOUGPMR indica claramente no art. 47 “.. O planeamento efectuará as reservas de solo para dotacións urbanísticas nos lugares mais adecuados para satisfacer-las necesidades da poboación co fin de asegura-la súa accesibilidade, funcionalidade e integracións na estructura urbanística, de modo que non se localicen en zonas marxinais ou residuais”. Xustamente prohibe o emplazamento dun posible auditorio neste lugar por residual, alonxado e por riba rústico de protección de costas, non está mal.

Pero a artimaña non so consiste en esta burda maniobra xa que si vemos as fichas correspondentes ao ámbito UNC-1 (resumida na imaxe superior) ver entre as páxinas 272 e 273 da normativa do PXOM resulta que non cumple os parámetros esixidos polo art. 46 LOUGPMR, xa que a edificabilidade en cada ámbito de solo urbano non consolidado para municipios con poboación entre 5000 e 20000 habitantes se fixa nun máximo de 0.85 m2/m, curiosamente Consultora Galega aplica unha edificabilidade de 1m2/m, co que concede un total de 15171 m2 edificables en vez dos 12895 m2 máximos de aplicar o coeficiente correcto de 0.85 m2/m, polo tanto 2276 m2 mais de edificabilidade ca legalmente establecida que representan aproximadamente unhas 20 viviendas de 90 m2.

Por outra banda a cesión obligatoria de espazos libres e zonas verdes (EL/ZV) según a lei é do 10% da superficie total da parcela, e decir para 15171×10%=1517 m2, pero no cuadro podemos ver que esta cesión é de so de 1000 m2, polo tanto tamén incumple esta previsión obligatoria.

O mais curioso e que nas fichas entre as paxinas 149 e 150 da memoria xustificativa (imaxe superior) cando se fan as contas da avaliación da capacidade máxima de vivendas do PXOM se computa unha superficie edificable de 12895 m2 para este UNC-1 en vez dos 15171 m2 que se conceden finalmente na ficha da memoria da normativa, de novo mais errores. De esta maneira se estiman soamente a construcción de 86 vivendas de 150 metros computables (100 m2 utiles, 125 m2 construidos), pero este erro conxuntamente coa realidade de que a superficie media das vivendas construidas hoxe en dia ronda os 70 m2 utiles, 90 construidos e 115 m2 con zonas comunes. Polo tanto da previsión de 86 vivendas indicadas na taboa, na realidade no UNC-1 poderanse construir aproximadamente nos 15171 m2 concedidos unhas 132 vivendas é decir un 50% mais do estimado na taboa de avaliación de capacidade máxima do PXOM. Como sempre a documentación tenta restar importancia ou ocultar as intencións reais, que non son outras que permitir a construcción máxima é insostible, afogar o mais posible as xa densas zonas habitadas.

Finalmente para xustificar esta artimaña onde claramente sae favorecida esta promotora se quita edificabilidade en outras parcelas para que a media supostamente cumpla o legal. Cando según o art. 46 da LOUGPMR obriga a que a comprobar a edificabilidade máxima en cada ámbito. Dende logo as operacions realizadas son moi oscuras e en todo caso sempre favorecendo no mesmo sentido.

Pero o mais lamentable de todo esto é que ainda así non se cumple de ningunha maneira coas esixencias da LOUGPMR, xa que a clasificación como urbano consolidado das parcelas xa construidas ilegalmente non corresponde coas previsións da lei. No art. 12.b da LOUGPMR indica: “ Solo urbano non-consolidado…así como as áreas de recente urbanización xurdida á marxe do planeamento”. E decir en todo caso deberiase delimitar todo o ámbito como solo urbano-non consolidado incluindo as edificacións existentes, e calcular as cesións de espazos libres e zonas verdes e edificabilidade máxima de acordo co total da superficie, pero o problema de axustarse a este criterio sería posiblemente que a edificabilidade da área xa está esgotada co que se indica agora como urbano tendo que deixar o resto como zonas libres, cousa que sin dubida non é do agrado da promotora propietaria da maioria dos terreos. Este é o problema, non se está aplicando a lei senon saltándoa para compracer a certos promotores que levan anos deteriorando enormemente o entorno privilexiado que temos.

Como afirmábamos ao pricipio non hai dubida que este PXOM está redactado á medida de determinados intereses particulais e non da colectividade.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Unha sentenza a ter en conta (La Opinión)
Cidades do século XXI, océanos de exclusión

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

O curioso deste proxecto de auditorio é a súa falta de concreción. Ao igual que moitas das infraestruturas que o PXOM prevé para Pontedeume o documento limítase a enumerar unha serie de necesidades sen explicar como solventalas. O auditorio, segundo Consultora Galega (ou Concello de Pontedeume), ten un custo total de 2,5 millóns de euros dos cales o Ministerio de Cultura aportaría un 40% e a Consellaría de Cultura outro 40%. Todo queda moi ben se non fose porque non hai ningún compromiso destas administracións para aportar semellantes cantidades. Este é unha flagrante metedura de pata do PXOM que suple as deficiencias cunha grande dose de fe.
Unha razón máis para que a Xunta tire á papeleira este documento.

Do que ningún se deu conta aínda é que o edificio de Caldagueiro non aparece pintado correctamente. O que si aparece é unha franxa de solo consolidado misteriosamente da forma exacta do edificio xa feito (sobre non consolidado).

E o que é máis curioso é que é a única zona urbana de todo o mapa onde se indica B+3 plantas e altura de 15 metros, cando todos os do arredor están limitados a 12. Que curioso ¿non?

Estimado “Un”,

aparece limitado só a 15 metros porque da zona é o edificio asentado con menos desnivel e con menos impacto visual posíbel.

O resto achantan con 12 metros porque chamarían moito máis a atención, sobretodo aqueles que se asentan en chaira baixa.

Efectivamente a área representada no plano é mais longo que o propio edificio construido, van moi sobrados, ¿non?. No tema que falades de 12 e 15 metros, non se refire á altura da edificación senon ao fondo edificable, mirade as explicacións no caxetin dos planos. A altura da edificación nesa zona é de 13 metros a cornixa e 17 ao cumio. Evidentemente desta maneira poden legalizar o exceso do edificio actual que andaba polos 12,30 m a 12,50 m a cornixa.

Pero por qué 15 metros a lagares e 12 ao resto?

Lo más curioso de todo ésto es por qué motivo no aparecen en los planos los edificios de dicha promotora.

O por qué un campo con ovejas alejado del núcleo aparece consolidado y una finca ya edificada más cercana al núcleo no.

Curioso é todo o PXOM no seu conxunto, polo camiño que vai esto o digno era a dimisión en pleno de todos os concellais de Pontedeume, porque a irresponsabilidade de ter aprobado inicialmente esto é moi grande, pero ainda mais irresponsable sería unha vez que se van destapando as barbaridades deste documento seguir adiante con él.