Augas fecais de Esteiro son vertidas directamente á ría
Cada día que pasa coñécese mellor o nefasto sistema de alcantarillado co que está dotado o concello de Pontedeume. O actual goberno local denuncia agora a deficiente rede de alcantarillado que foi instalada na zona de Esteiro no ano 2002 e fai responsábel ao anterior equipo de goberno e á empresa adxudicataria.
As augas residuais non son tratadas na depuradora e verten directamente á ría na zona do Covés o que provoca, segundo os veciños, desagradables cheiros no lugar. Esta situación mantense dende hai anos sen que os responsables do Concello tomasen medidas ao respecto.
Non se trata dunha excepción no sistema de depuración de augas residuais. Hai uns meses a Xunta de Galiza recoñecía que as medidas de eliminación da contaminación bacteriolóxica non funcionan na depuradora de Pontedeume. Esta depuradora pode considerarse fóra de uso segundo a Consellaría de Medio Ambiente o que significa que as augas residuais de Pontedeume, xunto coas do limítrofe concello de Cabanas, son vertidas á ría sen depuración bacteriolóxica.
Tamén an Agosto do pasado ano os veciños de Boebre denunciaban unha situiación similar na súa parroquia, concretamente no lugar de Ber. A causa principal reside na urbanización situada a carón da praia cuxas augas residuais verten directamente á ría. Outro tanto sucede no lugar próximo de Vizús (Centroña) onde recentes construcións levantadas á marxe da legalidade están contribuíndo a que a nosa ría sexa unha das máis contaminadas de toda Galiza segundo un informe da Dirección Xeral de Recursos Mariños e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño.
Máis información en La Opinión



Non funcionará a depuradora pero o canon de depuración o pagamos relixiosamente todos os meses na factura de Aquagest.