Caldagueiro, ilegalidades, desacatos e favoritismos


A historia de Caldagueiro xa é un paradigma da situación urbanística de Pontedeume con todas as súas incongruencias, cambalaches, arbitrariedades e especulación.

O novo PXOM tenta legalizar unha das maiores infraccións que se cometeron no noso concello. Hai que lembrar que o edificio que Lagares Inmobiliaria, S.L. levantou en zona declarada non urbana pola Xunta de Galiza conta xa con varias ordes de paralización ditadas tanto pola CPTOPT como polo propio goberno local. Este feito por si só debería ser suficiente para que o Concello non lle dese agora estatus legal pola vía do plan xeral. Unha contradicción difícil de entender cando ademais o  actual alcalde instou ao promotor a axustar as obras á licenza concedida, derrubando o ilegal e impoñéndolle, en caso contrario, unha serie de multas coercitivas ata que se repuxese a legalidade.

Lagares presentou un recurso ante o xulgado que lle foi desestimado. O recoñecemento xudicial da postura do executivo local non amilanou a este promotor que quebrantou as ordes do consistorio tantas veces que merece ser considerado o maior insubordinado da historia de Pontedeume. Curiosamente é o noso  concello  un dos poucos onde se premia o desacato. E a proba témola no PXOM, que concede a Lagares un dos maiores beneficios aos que un promotor pode aspirar.

Por obra e gracia da achaiadura urbanística os terreos nos que se levanta o mamotreto pasan a ser urbanos, o fondo edificable pasa de doce a quince metros, a edificabilidade supera  a permitida pola Lei de Ordenación Urbanística, a cesión do promotor para espazos libres e zonas verdes é inferior á estipulada pola mesma lei, e, por último, se lle outorga ao insigne construtor a posibilidade de seguir construíndo nun espazo que a Xunta declara como de protección paisaxística e costeira. Toda unha serie de prebendas que poden ser entendidas pola cesión que este promotor fai de certas parcelas para disfrute do Concello. Entendidas pero non xustificadas. A cesión de bens non pode eximir do cumprimento do lexislado na LOUPMR de Galiza, aínda que moitas veces parece que os promotores disfrutan dunha bula papal para sortear as obrigas que as leis impoñen.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático e os Dereitos da Nai Terra
Augas fecais de Esteiro son vertidas directamente á ría

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Ademais non teñen nin a decencia de delimitar todo o ámbito como urbano non consolidado e ceder á colectividade o que legalmente obriga a lei, era o mínimo para que se poidese tomar esto como admisible. Os promotores non queren perder nin un metro cadrado do que tiñan programado, a ambición é excesiva, e para os gobernos a solución das cousas pasa por bailarlles as augas e darlles os parabens. Ese é o problema, aos politicos os cega os supostos ingresos polas licencias é non se dan conta dos ingresos que deixan de recibir por cesións obligatorias son mais do doble que as propias licencias. Finalmente teremos que comprar os terreos para o centro de día e o campo de futbol cando si o PXOM se fixese con cabeza e dacordo coa lei todo tiña que ser por cesións gratuitas.

Aos políticos tamén lles cegan os ingresos nos seus propios petos

Lo que tienen que hacer es legalizar el edificio caldagueiro ya!!se nos olvida que ya hay gente inocente viviendo allí, y que pontedeume como otros pueblos tambien tiene que crecer, asi que dejemos de tonterias y pensemos en los vecinos de pontedeume que si tienen alli invertidos sus ingresos.Pensomos en la gente de pontedeume…

Escriba aquí o seu comentario.LA MALLORIA DE LOS VECINOS SAVIAN DE ANTEMANO ,QUE ERA ILEGAL.

La mayoría no lo “SABÍAMOS”

E teremos que pagar nós por iso? Pero a responsabilidade non é do que denuncia as irregularidades senón de quen as promove, as vulnera ou se fai cómplice delas.

El desconocimiento de la ley no exime de su cumplimiento. Entiendo que os hayan engañado de palabra, lo que no entiendo es que después de todo el historial en la prensa de este edificio (en particular, de los que compraron en la 2º fase) nadie se haya preocupado de solicitar por escrito en el registro del ayuntamiento la licencia y los posibles expedientes abiertos. O simplemente haberse creído la versión de la Xunta, que fue publicada varias veces en la prensa.

También explico yo las cosas a toro pasado, todos somos muy listos.
Evidentemente no nos metimos en este embolado voluntariamente

Haber que alguien me diga a quien molesta ese edificio?yo no vivo allí y soy eumesa y la verdad que no me molesta para nada,que si la ley,que si unos centimetros de más..etc en fin…claro que hay que cumplir la ley pero ahora que ya esta construído lo que tienen que hacer es poner sanciones a quien lo ha hecho mal (promotores,politicos..etc) y dejar a esa pobre gente que viva en paz…tanto lio por un edicio cuando hay cosas muchisimo mas graves…

Spain…

Lo que estamos diciendo es que el promotor que se saltó la lei para hacer ese edificio no puede quedar de rositas y ahora seguir construyendo en el resto de los terrenos sin cumplir previamente con la lei. Este caballero tendrá que incluir lo ya construido dentro del perimetro de suelo no consolidado, y aplicarle lo que la lei le manda ceder para zonas verdes y espacios publicos, asi como dotacionales. Lo que no puede ser es que salga beneficiado y de nuevo vuelva a saltarse la ley.

Me quedo alucinada, con la cantidad de gente sin ocupacion que vive en este pueblo, que se dedican a ver si los edificios son o no legales si cumplen o no los CENTIMETROS a mas o menos la ley… Mirad a vuestro alrededor mas proximo padres hermanos hijos etc.. no teneis otros problemas que atender?? Realmente estais tan vacios a nivel personal que no os preocupa otra cosa. Haced examen de conciencia y analizar cuantos errores os rodean y preocuparos de vuestra vida, que los que vivimos en el MAMOTRETO os damos de comer.

O mamotreto tamén é un problema. Como moitos outros, tes razón. E procuramos atender a todos. Polo menos aos que poidamos atender.
Por que deixar que un individuo sen escrúpulos levante a maior aberración que hai en Pontedeume? Acaso pensas que debemos mirar para outro lado ante casos como este? Xa abonda con ter que privarse da vista que antes se gozaba cando entrabas en Pontedeume pola estrada de Centroña para que agora non pidas que fagamos a vista gorda co “voso” edificio. Por certo, por que te metiches a vivir aí sen ter o permiso de habitabilidade do Concello?

Es muy facil pq me gustaron las vistas que tenia desde mi casa, pero no me arrepiento de comprar por el problema de la legalidad del edificio sino por el pueblo fantasma que estais convirtiendo… me cuesta horrores entender tu gallego, asi que, espero estar contestando bien a tu pregunta. Insisto esto prometia ser una pueblo agradable que prospera, pero se quedo en una triste promesa… en fin en vuestra mano esta que la gente de fuera se encuentre a gusto en vuestra aldea, dandole un poco de vida.Parece que os gustara solo lo antiguo, teneis un centro de pontedeume que se cae a cachos.. no os da lastima?

Tamén o centro histórico é outro motivo de preocupación. Se leras a páxina verías a cantidade de comentarios que se escriben sobre este tema. O que se quere é que Pontedeume sexa un sitio agradable e para iso debe conservar a sçau arquitectura e paisaxe. Desde logo o mamotreto non pode considerarse un aliciente turístico senón todo o contrario: unha vergoña nacional.

Vuestros comentarios solo tienen una finalidad, que en el MAMOTRETO conocido por los eumeses, y según vuestros foros existen 90 viviendas de las que 90% estan vacias, eso significa que la gente que podria vivir ahi, por que son propietarios, o pq estan de alquiler, estan viviendo en otros lugares, es decir, no estan aqui empadronadas, no estan haciendo gastos en el pueblo, resumiendo NO TENEIS VIDA AQUI por gente como vosotros con mente tan retrograda… Pues nada seguid asi que le haceis mucho bien a vuestra aldea.

vós?, quen son? aquí hai persoas que discuten desde diferentes puntos de vistas, ás veces moi dispares, pero supoño que cada un represéntase así mesmo. Unha cousa é a opinión deste colectivo e outra a dos comentaristas. Agradeceríase que non se xeneralizase, que non se metera a todo participante na tertulia no mesmo saco, que se escriba coa cabeza e non coas tripas e que se amosara un pouco máis de sensibilidade. Non vexo sentido algún en criticar o feito de que “non tedes nada mellor que facer, etc…”. AS problemáticas persoais tampouco deberían vir a conto e as chamadas a favor da ilegalidade. A partir de aquí ábrese un amplo espacio para o debate.

Soy una persona con derecho a opinar igual que tu. Mi opinion queda clara, asi que, respeta mi punto de vista al igual que yo respeto los vuestros.

Eso, respetade o punto de vista de esme porque é claramente retroactivo.

Por eso non lle chama xente vacía, culpable dos seus atrevementos nos negocios persoais, a todo individuo que esté defendendo a lei. Por outra banda, sería moi recomendable que me explique esme por que a razón de que o edificio non esté ocupado no 90% sexa a existencia deste colectivo.

Ou paiasadas bárbaras, non sei nin para que se lle contesta, que “le cuesta horrores entender tu gallego” (curiosa referencia ao idioma).