Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático e os Dereitos da Nai Terra
Considerando que o cambio climático representa unha real ameaza para a existencia da humanidade, dos seres vivos e da nosa Nai Terra como hoxe a coñecemos; Constatando o grave perigo que existe para illas, zonas costeiras, glaciares dos Himalaias, Andes e as montañas do mundo, os polos da Terra, rexións calorosas como o África, fontes de auga, poboacións afectadas por desastres naturais crecentes, plantas e animais, e ecosistemas en xeral;
Evidenciando que os mais afectados polo cambio climático serán as máis pobres do planeta que verán destruídos os seus fogares, as súas fontes de sobrevivencia e serán obrigados a migrar e buscar refuxio; Confirmando que o 75% das emisións históricas de gases de efecto invernadoiro orixináronse nos países irracionalmente industrializados do norte;
Constatando que o cambio climático é produto do sistema capitalista;
Lamentando o fracaso da Conferencia de Copenhagen por responsabilidade dos países chamados “desenvolvidos” que non queren recoñecer a débeda climática que teñen cos países en vías de desenvolvemento, as futuras xeracións e a Nai Terra;
Afirmando que para garantir o pleno cumprimento dos dereitos humanos no século XXI é necesario recoñecer e respectar os dereitos da Nai Terra;
Reafirmando a necesidade de loitar pola xustiza climática;
Recoñecendo a necesidade de asumir accións urxentes para evitar maiores danos e sufrimentos á humanidade, a Nai Terra e restablecer a harmonía coa natureza;
Seguros de que os pobos do mundo, guiados polos principios de solidariedade, xustiza e respecto pola vida, serán capaces de salvar á humanidade e á Nai Terra; e
Celebrando o día Internacional da Nai Terra,
O goberno do Estado Plurinacional de Bolivia convoca aos pobos e movementos sociais e defensores da nai terra do mundo, e invita aos científicos, académicos, xuristas e gobernos que queren traballar cos seus pobos á Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático e os Dereitos da Nai Terra a realizarse do 20 ao 22 de abril do 2010 na cidade de Cochabamba, Bolivia.
A Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático e os Dereitos da Nai Terra ten por obxectivos:
1) Analizar as causas estruturais e sistémicas que provocan o cambio climático e propor medidas de fondo que posibiliten o benestar de toda a humanidade en harmonía coa natureza.
2) Discutir e acordar o proxecto de Declaración Universal de Dereitos da Nai Terra.
3) Acordar as propostas de novos compromisos para o Protocolo de Kioto, e para proxectos de Decisións da Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático que guiarán o accionar dos gobernos comprometidos coa vida nas negociacións de cambio climático e en todos os escenarios de Nacións Unidas, respecto de:
a) débeda climática, b) migrantes-refuxiados do cambio climático, c) redución de emisións, d) adaptación, e) transferencia de tecnoloxía, f) financiamiento, g) bosques e cambio climático, h) visión compartida, i) pobos indíxenas, e j) outros
4) Traballar na organización do Referendo Mundial dos Pobos sobre o cambio climático.
5) Analizar e trazar un plan de acción para avanzar na constitución dun Tribunal de Xustiza Climática;
6) Definir as estratexias de acción e mobilización en defensa da vida fronte ao Cambio Climático e polos Dereitos da Nai Terra.
Bolivia, 5 de xaneiro, 2010
Evo Morales Ayma Presidente do Estado Plurinacional de Bolivia


