Risco inminente de desprendementos


Balcóns, cornixas, ménsulas e demáis voladizos do núcleo histórico de Pontedeume manteñen un precario equilibrio sobre as nosas cabezas. Nunha metáfora da propia ruína que está a sufrir a vila, a caída destes elementos supón, ademáis da perda patrimonial, un perigo para a seguridade de veciños e traseúntes que esixe a inmediata actuación das autoridades municipais, aparentemente descoñecedoras das responsabilidades que poden contraer no caso de producirse desperfectos ou danos persoais.

A inexistencia de valados de protección ou sinais de advertencia é proba desa despreocupación. E a imaxinación suple en moitos casos a falta de medios para garantir a estabilidade das estructuras.

Desde este colectivo insistimos na necesidade de tomar as medidas oportunas para garantir, en primeiro lugar a seguridade das persoas e, en segundo, a debida protección que merece o noso patrimonio, sen esperar por máis tempo ás decisións que sobre a rehabilitación do casco histórico poida tomar nun futuro a Consellería de Cultura.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Retómase o proxecto da mina de andalucita en Pico Vello
Destrución ou perturbación?

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Sexa o primeiro en comentar!