Veciños de Andrade colgan carteis contra a recualificación de Einsa
As pancartas volven adornar a parroquia de Andrade, no municipio de Pontedeume. Veciños afectados pola recualificación do chan no que se atopa a empresa de artes gráficas Einsa non queren caer no esquecemento e recordan “a gran inxustiza” á que serán sometidos no caso de que esta recualificación leve finalmente a cabo en diversos carteis nos que denuncian a situación e reclaman a responsabilidade do Goberno galego.
A intención de Einsa co cambio de cualificación do terreo é legalizar a súa situación, xa que a segunda nave que a empresa instalou na parroquia, no ano 2001, carece da preceptiva autorización da Xunta.
Esta recualificación inclúese no Plan Xeral de Ordenación Municipal que foi aprobado pola Corporación local de forma inicial e que se atopa en período de exposición pública.
Aínda que nun primeiro momento foron preto de 16 os veciños afectados pola ampliación de Einsa, na actualidade poucos son os que non accederon a vender os seus terreos. Unha das que non pensa ceder é María Díaz, a responsable das pancartas, que desde fai anos loita por conservar as súas propiedades. La Opinión



Curioso comosonoos señores feudais consiguen que os pequenos propietarios vendan as fincas despois de moito insistirlles, ou mellor, despois de moito presionalos. As leisestán pensadas para favorecer aos ricos e as clases medias ou as desfavorecidas non teñen medios para opoñerse aos abusos dos poderosos.
Este país aínda me parte o corazón. Non vexo cerca a posibilidade de poñerse á altura dos nosos veciños europeos