Edificación extensiva no PXOM
Outra das cousas sorprendentes desta PXOM é a aparición dunha clase de suelo urbano denominado EDIFICACIÓN EXTENSIVA U5, según Consultora Galega, “comprende esta ordenanza as zonas de maior esponxamento da vila e dos núcleos urbanos que se dá, básicamente, o uso de vivenda unifamiliar, exenta ou adosada, sobre do viario de relación existente”.
Resulta que Consultora Galega se saca da manga unha nova acepción a solo urbano consolidado que para nada ten que ver coa Lei de Ordenación Urbanística de Galicia, resulta que según o art. 11 será solo urbano si:
“Los planes generales clasificarán como suelo urbano, incluyéndolos en la delimitación que a tal efecto establezcan, los terrenos que estén integrados en la malla urbana existente siempre que reúnan alguno de los siguientes requisitos:
a) Que cuenten con acceso rodado público y con los servicios de abastecimiento de agua, evacuación de aguas residuales y suministro de energía eléctrica, proporcionados mediante las correspondientes redes públicas con características adecuadas para servir a la edificación existente y a la permitida por el planeamiento.
A estos efectos, los servicios construidos para la conexión de un sector de suelo urbanizable, las vías perimetrales de los núcleos urbanos, las vías de comunicación entre núcleos, las carreteras y las vías de la concentración parcelaria no servirán de soporte para la clasificación como urbanos de los terrenos adyacentes, salvo cuando estén integrados en la malla urbana.
b) Que, aun careciendo de algunos de los servicios citados en al apartado anterior, estén comprendidos en áreas ocupadas por la edificación, al menos en las dos terceras partes de los espacios aptos para ella, según la ordenación que el plan general establezca.
2. A los efectos de la presente Ley se consideran incluidos en la malla urbana los terrenos de los núcleos de población que dispongan de una urbanización básica constituida por unas vías perimetrales y unas redes de servicios de las que puedan servirse los terrenos y que éstos, por su situación, no estén desligados del entramado urbanístico ya existente”.
Segundo a imaxe superior as zonas marcadas en Bermello son los 258.839 m2 que se clasifican como urbano consolidado U5, iso só na contorna de Pontedeume, é dicir zonas onde directamente poderase construir unha vivenda unifamiliar cada 350 m2.Segundo se ve na imaxe se trátanse directamente de solos rústicos onde nalgunha zona existen vivendas autorizadas ou ilegais concedidas antes da lei do 2002 que prohibiu claramente a construcción no solo rústico. Son zonas sin urbanización algunha, servizos, e accesos mais que no mellor dos casos de “estradas” que evidentemente non son rúas. Claramente non cumpren nigunha das condicións da lei para tal clasificación, ao contrario, están dentro das que a lei descarta como válidas para avalar a clasificación.
O mais curioso é que na mesma ordenanza indica: “Con carácter xeral, a introducción nunha parcela de vivendas adosadas en numero superior a 3 implica a dotación dun vial de servizo para acceso ás mesmas, e situado a maiores por detrás da aliñación do vial principal co obxeto de non obstaculizar o tránsito rodado no vial ao que dan fronte”.
Un non pode menos que alucinar co traballo feito por Consultora Galega, o que pretende directamente neste U5 é clasificar como urbanos consolidados 238.000 m2 (5 veces a superficie da zona delimitada como Casco Histórico) de solo rústico onde se poidan conceder indiscriminadamente licenzas de vivendas unifamiliais como se facía previamente á entrada da LOUGPMR, abrir camiños sin control no rústico, coa diferencia que antes obrigaban a 2000 m2 para edificar e agora se reduce a 350 m2, prácticamente como se fose un núcleo rural. Se trata dunha ocupación indiscriminada e insostible do solo sen desenvolvemento urbanístico axustado á lei, sen reparto de cargas nin beneficios, planificación programada e ordenada, sen urbanización, en fin unha ocupación caótica e indiscriminada en solo rústico de valor agropecuario ou paisaxístico con modelos alleos a forma tradicional de asentamento, nin urbano nin rural. Básase na implantación de modelos insostibles de ocupación dispersa sen urbanización previa algo totalmente prohibido dende a entrada da LOUGPMR e ademais ilegais dacordo coa lei. Resumindo urbanización de chalecitos tipo Fadesa pero sin Plan Parcial, ¡olé!.
En todo caso estos ámbitos deberían ser clasificados como solo urbanizable, é ser desenvolvidos cos respectivos plans parciais e plans de urbanización para convertir estas leiras en solares, así proceder a unha reparcelación, costear e executar á urbanización con rúas, beirarrúas, acometida de auga, electricidade, alcantarillado, iluminación. Pero a Xunta, no informe previo do ano 2006, xa cuestionaba a aparición de tales zonas urbanizables por non xustificadas co crecemento poboacional.
O mais alucinante é que a maioria destes terreos como son os contidos na estrada de O Barro a Breamo deberían ser clasificados directamente como rústicos de protección paisaxística según á LOUGPMR, pero para Consultora son urbanos consolidados. Paradóxico.
Que mais podemos decir deste PXOM? Unha vez máis, un desastre.



