Lagares e legalidades
A carón do edificio Entre-rías, na rúa da ría de Ares, existía unha serventía que permitía o acceso á estrada da estación. Cando Promocións Lagares Álvarez construíu un edificio colindante co anterior decidíu utilizar os terreos públicos do sendeiro para acadar maior volume de edificación. O resultado pódese apreciar nas fotografías: convertíuse un camiño público nun paso subterráneo. Deste xeito dous edificios que deberían estar afastados por un corredor aberto, aparecen totalmente pegados un ao outro.
Os prexuizos para os veciños son evidentes. Os patios de luces quedaron afogados pola nova edificación e son facilmente accesibles dende o paso subterráneo que o construtor se encargou de elevar en altura. Un perigo para os transeuntes e para os propietarios das vivendas ás que se pode acceder facilmente.
En maio de 2006 tivo lugar unha demanda de conciliación na que os afcetados pedian o retranqueo da obra de Lagares. Ao final chegouse a un acordo polo que este promotor se comprometía a colocar unha reixa que
aillase os patios así como pintar e reconstruír as zonas danadas polas obras.
O malestar dos veciños continua na actualidade pois o valado que se ía instalar descansa nun taller despois de varios anos. A razón é a falta de pago por parte do promotor. Un custo aproximado de 3000 euros, cantidade ridícula, parece inasumible para quen levantou o mamotreto de Caldagueiro.
Unha ilegalidade máis que pasou desapercibida para os servizos de vixiancia urbanística do Concello. Unha infracción máis dun promotor que fixo de Pontedeume un campo de operacións no que enriquecerse a base de cementar o campo. Compre exixir ao goberno local as medidas necesarias para obrigar a este impulsor urbanístico a respectar a legalidade e os acordos asinados. Compre abandonar a condescendencia da que se beneficiou no pasado a pesar do cúmulo de infraccións cometidas.
A construción que invade espazos públicos son legalmente punibles pola xustiza e o Concello, garante dos dereitos cidadáns, debería dar conta ao ministerio fiscal destes feitos.




a cada un o seu
unha serventía non é solo público
e ten aproveitamento urbanístico
o xeito de resolvela en caldagueiro é moi común nestes casos (Vigo, por exemplo, está cheo de este tipo de solucións)
O problema ven de cando se elabora o plan: non se detectan estas situacións e non se marcan como camiño público a ceder.