Espazos verdes, puntos negros no PXOM
Unha das máis graves carencias que presenta o novo Plan Xeral é a escasez de espazos verdes, tan necesarios polo demáis nun concello a cuias autoridaes non lle doen pezas á hora de substituir as áreas deportivas e de lecer por improvisados aparcadoiros. Véxase se non a ocupación que sofre a diario polos vehículos a alameda de Raxoi.
A penuria apréciase particularmente no núcleo de Pontedeume. O mesmo PXOM recoñece que en relación ás condicións de calidade de vida e cohesión esixidas no artigo 47 da LOUPMRG 9/02, e referidas á previsión de reservas de espazos libres en función da capacidade máxima residencial derivada do PXOM, poderíase aventurar un cómputo deficitario a partires dos espazos libres existentes.
As únicas zonas verdes previstas nun Plan que apura ao máximo a capacidade edificatoria son as denominadas ZVPX-10, ZVPX-11 e ZVPX-12, na zona de Pelamios. Pois ben, a desvergoña dos redactores chega a tal extremo de calificar como zonas verdes parcelas privadas que non se van ceder gratuitamente, se non que teñen que ser obxecto de apropiación onerosa por parte do municipio, en último caso mediante expropiación forzosa. E se a isto lle engadimos a reducida superficie de solo rústico de protección paisaxística proposta no PXOM, queda claro que a verdadeira intención de Consultora Galega non é dotarnos de espazos libres nin de novas zonas verdes, a pesar do sensible aumento da superficie urbanizada.
Un atentado máis en nome da “sustentabilidade” e da mellora da calidade de vida.


