O Supremo tacha de incoherente ao Concello de Pontedeume


Outro caso máis de interesada interpretación das leis acaba no Tribunal Supremo. Hai unhas semanas xa recolliamops nesta páxina o caso dunha veciña que pretendía que o deslinde do Ministerio de Medio Ambiente non afectase á súa vivenda de Andahío. Alegábase que a propiedade estaba en zona urbana e polo tanto o deslinde só podía entenderse dentro dos 20 metros da liña de costa. O Supremo desestimaba este argumento e declaraba a zona non urbana, contradecindo así as teses non só da reclamante senón do propio Concello.

Hoxe aparece un novo caso no que o alto tribunal volve a ditar que a zona de Andahío non ppode ser cualificada como chan urbano e polo tanto o deslinde de costas chega aos 100 metros. Segundo informa La Opinión, O Tribunal Supremo rexeitou o recurso presentado por un veciño de Pontedeume contra o deslinde do dominio público marítimo terrestre aprobado polo Ministerio de Medio Ambiente en 2002 para o tramo de costa de case dous quilómetros entre punta Carboeira e o límite co termo municipal de Miño.

A Xunta de Galiza pronunciouse sobre este problema e declarou que a zona en cuestión non podía ser declarada urbana consolidada e non procedía reducir o deslinde aos 20 m como se fai nos núcleos urbanos. O que si discrepaba desta resolucuión era o Concello de pOntedeume que unha vez máis poñíase ao lado dos promotores e declaraba que os terreos eran urbanos cando nas Normas Subsidiarias aparecen como urbanizables. O tribunal Supremo cualifica esta actitude do Concello como incoherente.

Ademais, “non promoveu a modificación da achaiadura para axustar a clasificación do chan á situación consolidada de chan urbano que afirma teñen os terreos”.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Rabo de nube
Fusquenlla acusa ao Concello de querer apropiarse de chan privado (La Opinión)

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Sexa o primeiro en comentar!