As infraestruturas do PXOM, un enigma a resolver
Analisando polo miudo as redes de abastecemento, saneamento e electricidade que o plan xeral contempla para o noso concello, aparecen infraestruturas difíciles de xustificar tendo en conta as escasas vivendas ás que se pretende beneficiar. Porén resultan sospeitosas de ser a punta de lanza de futuras urbanizacións.
No que se refire á rede de abastecemento podemos apreciar como nalgúns lugares créanse centos de metro de tubaxes para alimentar unha ou dúas vivendas. É o caso da liña AAB-7 (en Cermuzo) e AAB-13 (na Regueira). Outras liñas son trazadas cruzando fincas privadas cando poderían levarse polos camiños públicos. É o caso da AAB-12 que abastecería á ampliación do polígono de Vidreiro. Paradoxalmente, figuran como liñas proxectadas outras que xa existen dende hai anos. Rferímonos ás liñas AAB-8 e AAB-9 que chegan ao lugar do Grove, así como a AAB-14.
Pero sen dúbida o máis desconcertante é a liña AAB-17 que baixa dende Einsa ata o Covés,cunha lonxitude de 1700 m. e que alimentaría a tres vivendas cun só
habitante censado. Esta liña atravesa unha espesa zona forestal e descorre paralela aos lindes dos terreos de Einsa, unha empresa que tamén se adica aos negocios inmobilarios dende a súa sociedade Edicións Informatizadas Inmobiliaria, S.L.
Como sospeitosa é a creación da liña AAB-16, con servizo a Einsa, cando xa existe unha que vai paralela á anterior.
E a rede de saneamento parece confirmar a idea dunha futura urbanización nestes terreos adxacentes a Einsa. Unha
liña de saneamento de case 2 quilometros atravesa a mesma masa forestal e que só serviría para atender as necesidades de media ducia de vivendas.
Outro tanto sucede en Cermuzo onde novamente proxéctase unha liña de saneamento, a ASN-21, para dar servizo a tres vivendas. Máis ben parece que todo está pensado para facilitar a creación dunha futura urbanización, idea nada ficticia se
pensamos que no pasado houbo “movemento” de promotores interesados en mercar grandes extensións de terreos.


