A tramitación do PXOM axústase á legalidade?
Nunha entrevista ao concelleiro de urbanismo de Pontedeume, asegúrase que o Concello xa solicitou ás distintas administracións todos os informes necesarios para proceder á aprobación do PXOM. La Opinión
Permítasenos lembrar que tal como se regula na Lei de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural de Galiza, rematada a fase de elaboración do planeamento e inmediatamente antes da súa aprobación inicial, o expediente completo será remitido ao conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio para o seu informe.
Como se sabe, dito informe foi emitido pola CPTOPT en xuño de 2007. Nel se instaba ao Concello a modificar determinados aspectos do proxecto que naquel intre lle foi enviado ao conselleiro. Dous anos máis tarde o pleno aproba inicialmente o proxecto presentado polo alcalde. Un tempo demasiado longo durante o cal modificáronse determinadas leis que afectan ao ordenamento urbanístico. Ademais moitas das esixencias que a consellaría recollía no documento non foron acatadas polo Concello de Pontedeume, dende a cualificación de solo rústico para os terreos nos que se asenta a empresa Einsa, ata a declaración de zona de protección paisaxística para o lugar de Caldagueiro (sen esquecer que o novo planeamento insiste en tratar como núcleos rurais tradicionais lugares que a Xunta non cataloga como tales).
Cabe preguntarse se o feito de que o Concello aprobase inicialmente o proxecto pode ser cuestionado pola súa presunta ilegalidade. Nen foi aprobado inmediatamente despois de emitir o informe da consellaría nin se acataron as resolucións que esta ditou. De ser así os grupos políticos incurrirían nunha grande irresponsabilidade. E sobre todo por non esixir que o documento se adaptase á normativa imposta pola Consellaría de Polica Territorial. Unha irresponsabilidade que pode dar ao traste coa aprobación definitiva do PXOM



Claro que hay intereses por detras,en el caso EINSA