Pontedeume: 6º concerto da II caravana reivindicativa de Galiza Non Se Vende


Segundo concerto en Pontedeume organizado pola rede GNSV.

Sábado 27 de febreiro. Ás 19:00 Pasarúas pola vila. Ás 21:00 Concerto no Centro Social Ocupado A Casa da Estación, onde actuarán:

Xorxe Mirancos cantor de música galego-portuguesa; Tonhito de Poi roc; Mencer Vermello rock oi

Colaboración: 3 euros

Esta Caravana, que está percorrendo as principias vilas e cidades de Galiza, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela, que sairá ás 12 da mañan da Alameda, en contra da destrución do territorio (a terra, o mar, o aire, os ríos… e os recursos naturais todos). Porque sin territorio non hai vida, non hai cultura, non hai música, non hai nada.

Por un Plan do litoral que protexa toda a nosa costa

Por unha ordenación racional do territorio

Pola defensa dos sectores primarios: soberanía alimentaria e enerxética

Por outro modelo de transporte

Goberne quen goberne, Galicia non se vende

Terra viva e digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
O que hai dous anos era núcleo rural, hoxe é urbano
A tramitación do PXOM axústase á legalidade?

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Unha mágoa que non houbera pasarúas por mor do temporal.
Tonhito de Poi é un tontorrón irrespetuoso.
Moi ben o resto de participantes no concerto.

GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE.