Ramificacións en Pontedeume da trama urbanística de Mugardos
Hai xa tempo que o Comité Cidadán de Emerxencia ven denunciando as actividades que a gasista REGANOSA ven desenvolvendo na vila de Mugardos. Ademáis dos problemas medioambientais, económicos e de seguridade que a planta está a provocar na ría de Ferrol e no seu entorno, non son menos inquientantes as oscuras manobras urbanísticas que o Grupo Tojeiro e o Concello de Mugardos levan urdindo en relación cos terreos de Punta Promontorio, onde hoxe se levanta a planta. En 2001 a empresa de Tojeiro “Forestal do Atlántico”, cuxos terreos son colindantes aos da planta de gas, adquiriu unhas parcelas en solo rústico que logo foron segregadas. Unha destas propiedades, de 75.000 m2 de superficie, foi rexistrada cun valor de 47.050.000 pesetas. Pouco tempo despóis esta parcela foi vendida a REGANOSA por un prezo de 730 millóns de pesetas. A plusvalía xerada foi dun 1.451%! Un dos socios de Tojeiro en Forestal do Atlántico era o concelleiro de economía da Xunta, José Antonio Orza. Todo o cal explica a teimuda decisión de ubicar a planta de gas en Punta Promontorio e non, contra toda lóxica, nos terreos máis axeitados do porto exterior. Se a isto se lle engade a firma en 2000 dun convenio entre Fraga e Tojeiro cunhas claúsulas confidenciais para garantir a rendabilidade da planta, o pelotazo adquire dimensións descomunais. Noutra das parcelas compradas por Tojeiro e os seus socios, de 33.414 m2, considerada chan rústico especial, atopábase o xacemento romano de Caldoval, que o alcalde de Mugardos pretendía trasladar aos sotos dun cine da vila.
Chegamos así á conexión eumesa, pois foi no Rexistro da Propiedade de Pontedeume onde éstas operacións foron legalizadas. Con excesiva frecuencia actividades especulativas deste cariz atopan nas oficinas públicas e nos despachos de notarios e rexistradores colaboradores ideais para converter en legais accións que ocultan auténticos pelotazos urbanísticos, como os que se soen promover desde hai algún tempo na nosa propia vila.
Documentación do “Pelotazo” no blog da Plataforma Ártabra 21:
Escrito de denuncia á Fiscalia do TSXG



A ver, 730.000.000 millóns de pesetas non, 730 millóns de pesetas si.
Concelleiro da Xunta non, Conselleiro da Xunta si.
A plusvalía xerada é do 1400% e non do 1500%.