O prezo da auga en alza


mina_de_as_pontes.jpgA Consellería de Medio Ambiente destinará 618.172 euros á restauración das zonas de captación de fontes e mananciais en parques naturais, tendo en conta a importancia que estes teñen para o hábitat e ecosistemas. Estas obras realizaranse nos parques da Serra do Xurés, Fragas do Eume, Serra da Enciña da Lastra, Serra do Invernadoiro, Corrubedo e Monte Aloia.
A esta primeira batería de actuacións, que se levarán a cabo pola vía de emerxencia para garantir a súa execución inmediata, se sumarán as que a Consellería de Medio Ambiente porá en marcha a medio prazo e que pretenden solucionar de xeito estrutural problemas de abastecemento en grandes núcleos de poboación de Galicia. Esta segunda parte do plan contra a seca está agora mesmo en fase de elaboración e serán presentadas a mediados do próximo mes de xaneiro.

Un gran interese por parte de Medio Ambiente en garantir o abastecemento de auga en época de escaseza. Teríamolo que agradecer se non fose porque nas próximas semanas vaise desviar auga do río Eume para encher o oco da mina d’As Pontes que Endesa explotou durante décadas. Unha contradicción á que xa nos teñen acostumados os nosos políticos que predican pola boca e degradan coa sinatura. A solución escollida pola empresa e lexitimada pola Consellaría de Medio Ambiente é a máis económica pero tamén a máis lesiva dende o punto de vista medioambiental. Amais de desabastecer ao Eume por un período non menor a catro anos, poderíase alterar a calidade das augas do lago e trasladar a contaminación aos acuíferos dos que agora se queren aproveitar as súas augas. A corrosión das augas degrada o ecosistema fluvial, ata ser incapaz de manter formas de vida acuáticas, e a solubilidade de metais pesados aumenta, provocando a toxicidade das augas. O parque natural das Fragas do Eume corre perigo se a súa principal arteria, o río Eume, sofre as restriccións de caudal que se anuncian para o vindeiro mes.

No mes de outubro, a Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia e Fusquenlla dirixiron un escrito á Consellaría de Medio Ambiente no que se solicitaba un estudo independente sobre os efectos do enchido da mina de As Pontes. O único informe realizado foi por encargo da propia empresa, e aceptado como bo pola Consellaría. (Máis información aquí)

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
A seca atrasa o lago artificial que planea Endesa
Inocentada?

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Sexa o primeiro en comentar!