LaOpinión: “As obras das rotondas da N-651 están paralizadas desde hai quince días”


Concello explica que foi a Dirección Xeral de Patrimonio a que detivo a construción das glorietas mentres que a Consellería de Cultura asegura que non emitiu dita orde

O Goberno local de Pontedeume explica que as obras das rotondas que constrúe o Ministerio de Fomento na N-651 ao seu paso polo municipio están paralizadas desde fai dúas semanas á espera de que a Administración local, o organismo estatal e a Dirección Xeral de Patrimonio consensúen un lugar ao que trasladar as esculturas de pedra do oso e o xabaril, símbolo da vila dos Andrade, situadas na glorieta próxima á ponte de pedra.

O Concello asegura que foi Patrimonio o que ordenou a paralización da actuación co fin de protexer as figuras, xa que debido ao avanzado estado das obras “xa é necesario proceder á súa retirada”, apunta o concelleiro de Obras e Servizos Municipais, Javier Crespo. Con todo, desde a Consellería de Cultura aseguran que non se emitiu orde algunha co fin de deter a construción das glorietas e supón que esta decisión debeuna de tomar o Ministerio de Fomento, coñecedor da importancia deste patrimonio arquitectónico, legado da Casa dos Andrade.

A semana pasada, o director xeral de Patrimonio, José Manuel Rei Pichel, desprazouse a Pontedeume, onde se reuniu con membros do Goberno local para analizar as diferentes alternativas existentes para situar estes símbolos totémicos e decidir a forma do traslado. “Estamos en boa sintonía para chegar a un acordo entre as tres administracións”, sinala José Manuel Rei Pichel. O Ministerio de Fomento será o responsable do traslado, que o Executivo local espera que se efectúe canto antes, razón pola que, asegura, está realizando as xestións necesarias.

O pasado mes de maio, o organismo estatal renovou a actuación que foi paralizada no ano 2008 por non contar cos permisos preceptivos da Xunta, cuestión denunciada polo colectivo eumés Fusquenlla ante Patrimonio, que decretou paralizar as obra. Posteriormente, o Comité Asesor do Camiño de Santiago desestimou as obras por localizarse cerca da zona vella de Pontedeume, declarado Ben de Interese Cultural. Este mesmo colectivo advertiu o pasado mes de xuño tanto ao Concello como ao Goberno autonómico de que o Ministerio de Fomento retomou as obras sen contar coa autorización expresa de Patrimonio, que aínda non informara favorablemente o proxecto modificado entregado por Fomento.

A plataforma advertiu naquel momento de que as obras estanse levando a cabo sen tomar as medidas necesarias para preservar o patrimonio arquitectónico, en concreto as figuras do oso e o xabaril. Explicou ademais que tampouco se estaba levando a cabo un control arqueolóxico dos movementos de terra “como corresponde a unha contorna de constantes achados desa natureza”.

Fusquenlla denunciou que o tezo senlleiro que se atopa na contorna da rotonda que se constrúe fronte á estación de servizo foi “seriamente danado” polas obras. “Unha poda brutal, a extirpación das súas raíces e a construción dun muro de cantería e cemento a escasos centímetros do tronco deterioraron a saúde desta árbore, quizá de forma irreversible”, lamentou. La Opinión

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Destrución a toda costa 2010
Paralizadas as obras das rotondas por mor da denuncia de Fusquenlla

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Moita preocupación polo patrimonio, eo Camiño de Santiago por parte de Patrimonio, Cultura, Administracións…Pero si Fusquenlla non tivera denunciado reiteradamente as obras as rotondas os tuneles xa estaban feitos, porque a pasividade é moita e a vixilancia é nula, por non falar da oposición que é nula nesta vila.