As análises desminten á Xunta


Segundo asegura a Xunta de Galiza os vertidos ao río Eume non son problemáticos sen ter en conta que estes son facilmente cuantificables. Acepta o goberno galego que o maior problema o representa a central térmica de Endesa pero para menosprezar a súa importancia alega que conta cos permisos administrativos necesarios.

Os responsables do executivo e benefactores da central térmica parecen ver cos bos ollos que esta empesa secara durante 50 anos un tramo de case 4 quilómetros do río Eume co permiso do goberno dictatorial franquista. Quen non parece ter a mesma opinión que a Xunta de Galiza é a fiscalía de medio ambiente que si aprecia un grave delito ecolóxico e sinala a Endesa como responsábel.  ”Do actuado despréndese pois que desde fai cincuenta anos un tramo do río Eume non recibe un achegue constante de auga para garantir a vida e o ecosistema no seu seo e iso é consecuencia da existencia dunha presa e de que desde a construción da mesma non se garante tal achegue”, apunta o fiscal, quen destaca tamén que a perda do ecosistema acuático é un feito “case notorio”.

Pero non se achacan a esta empresa todos os males do Eume. Recentemente as obras da autovía de Vilalba ocasionaron unha alta acidez nas augas do río que a día de hoxe padece as consecuencias desta neglixente actuación nunca sancionada polos responsables de medio ambiente.

Tamén recentemente descubríronse altos niveis de metais pesados nas augas do río Eume e afluentes  o que motivou unha nova denuncia das organizacións ecoloxistas ante a Fiscalía do TSXG. Representantes de Adega, Fusquenlla, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia presentaron ao fiscal as probas do achado na composición das augas: uranio, aluminio, arsénico, manganeso, chumbo e cromo. Todos estas substancias en cantidades moi superiores ás consideradas normais polos organismos internacionais. Análises realizados polo Departamento de Enxeñería Química da Universidade da Coruña detectaron niveis elevados de metais pesados nun afluente do río Eume. Segundo as medicións dirixidas polo profesor Manuel Soto, o río Lavadoiro, cuxas augas van parar ao leito que baña as fragas, presenta unha cantidade de aluminio que multiplica por 2.870 as soleiras recomendados pola ONU, uns límites superados 24 veces no caso do uranio.

O lago artificial creado no oco da antiga mina en As Pontes castiga dobremente ao río Eume. Se por unha banda reduce o seu caudal ata extremos que minimizan o seu caudal ecolóxico, por outra suporá unha fonte permanente de contaminación cando as augas do lago revirtan de novo ao río con grandes cantidade de materiais altamente contaminantes.

A mina de andalucita cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta pode ser o punto e final da existencia do río  así como dos ecosistemas que alberga, afectando directamente ao parque natural das Fragas do Eume.

O próximo luns ás 17 horas a organización Greenpeace desenvolverá unha serie de actividades polas rúas de Pontedeume (sairá da praza Real) para denunciar o grave estado do río Eume e, en concreto, o proxecto da futura mina de andalucita. Fusquenlla estará presente xunto con outros colectivos ecoloxistas.


Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Greenpeace esixe á Xunta que retire o proxecto da mina de andalucita
Destrución a toda costa 2010

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Sexa o primeiro en comentar!