Fábica de celulosa en As Pontes, cada vez máis preto


Nos últimos días os medios dan conta do adianto no proceso de traslado da celulosa da ría de Pontevedra. Ao mesmo tempo a localidade que máis posibilidades ten de recibir á nova fábrica de ENCE é As Pontes. Mesmo se asocia o lago artificial que vai cubrir o oco da mina ao complexo químico de pasta de papel. Se a opción do lago artificial xa resulta un desastre ecolóxico de imprevisibeis consecuencias, a hipótese de utilizalo como sumidoiro dos residuos da fábrica suporía a desaparición do río Eume como fonte de vida tanto para o enclave das Fragas do Eume como para a propia comarca eumesa.

Non é desta opinión o alcalde As Pontes , o socialista Valentín González, quen manifestou que o seu concello era o máis adecuado para acoller a instalación de ENCE xa que conta coas características que o seu compañeiro de partido , o conselleiro Manuel Vázquez, enumerou como indispensabeis para a nova ubicación: “auga en abundancia, estar preto dun porto comercial, contar cunha infraestrutura importante que garanta o subministro eléctrico e ter o apoio político local”.

 

 

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Asina o manifesto da Rede Galiza Non Se Vende
A construción das rotondas e a remodelación do peirao, inminentes

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

E triste e lamentable ver como uns dirixentes aparentemente ¿progresistas? tratan de defenestrar o seu pobo con tal de conseguir 4 postos de traballo a costa da saude dos veciños.
Durante o verao sufrimos olores pestilentes de purines na mina, e ninguna autoridade dixo nada, agora estamos a sufrir fortes olores da nova central de ciclo combinada e aqui non pasa nada, e todo por 40 postos de traballo. O diñeiro o pudre todo.

Non son os 40 postos de traballo os que levan a montar a maioria das salvaxadas deste estilo. Esos cuarenta postos de traballo se poderian obter de xestionar correctamente o noso entorno, pero claro eso seguramente non deixaria os marxes de beneficios axeitados para os que montan estas industrias.