O alcalde ordena a suspensión da licenza da casa de don Pablo (La Opinión)


O caso foi enviado aos tribunais polo goberno local.O equipo de goberno retirou ao aparellador municipal as competencias para asinar obras maiores.

p1000099.jpgO Concello de Pontedeume decretou a suspensión da licenza de obra outorgada ao promotor do edificio número uno da avenida Doutor Villanueva, tamén coñecido como casa de don Pablo, tras constatar que a súa concesión pode supoñer un infracción urbanística grave. O acordo adoptado polo Goberno local inclúe a paralización inmediata das obras e xa foi trasladado aos tribunais para que sexa o xuíz quen decida agora se procede ou non anular a licenza, xa que o Concello non ten potestade para iso. Ademais, o equipo de goberno acordou retirar ao aparellador municipal, Manuel Valiente, as competencias para supervisar e asinar obras maiores, labor que desempeñará o arquitecto municipal. Fusquenlla, colectivo que promove un urbanismo sostíbel en Pontedeume, denunciou en reiteradas ocasións que o inmueble infrinxía a normativa urbanística, a última delas o pasado mes de decembro, cando advertiu de que o proxecto redactado por Progasa 2000 para tratar de legalizar a construción incumplía a normas subsidiarias que rexen a achaiadura urbanística de Pontedeume. A obra xa fora paralizada previamente por non axustarse á licenza e exceder o volume máximo permitido. O aparellador municipal, Manuel Valiente, informou favorablemente sobre o proxecto presentado pola promotora para tratar de legalizar a obra, o que permitiu ao alcalde, Gabriel Torrente, conceder a licenza para a execución do expediente de legalización das obras. Fusquenlla esixiu fai uns dous meses ao Concello que revisase e anulase a autorización concedida para a adecuación das obras ao permiso que o anterior Goberno local deu á promotora en 2004 e advertiu de que o aparellador “aceptou como bo o proxecto da empresa e contradixo as resolucións dictadas polo arquitecto municipal”. O Goberno local informou onte da decisión de suspender a licenza, durante a celebración do pleno ordinario e tras unha pregunta formulada polo aínda portavoz do Círculo de Opinión Eumés (COE), Fernando García Sande. La Opinión

Tamén en La Voz de Galicia 

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Unha medida necesaria, tardía e insuficiente
Contra os pasos subterráneos. Pola liberación da autoestrada

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Non sei se isto é síntoma de cambio. O que si sei é que nos últimos tempos as denuncias de Fusquenlla van conseguindo poñer algo de orde no caótico urbanismo de Pontedeume. Queda moito por facer e o andado é positivo.
Ánimo e adiante

Algúns quedaron sen a recompensa polo seu labor corrupto.
E ao resto de compradores, vanlles devolver os cartos?

porque el edificio de la casa de don constantino es legal es tambien una aberracion es la entrada del pueblo y no se realizo nada para pararlo que diferencia hay con la casa de don pablo

O edificio do Torreon, evidentemente é unha aberración, no seu momento xa se comentou no foro da páxina anterior que non se entendia como se podía autorizar esa obra. Pero a realidade é que Patrimonio autorizou ese proxecto, é mais autorizouse unha modificiación puntual das normas subsidiarias para permitir tal edificio (o podes consultar no BOP 19/04/02). Entre os aspectos mais curiosos, permite facer terrazas na cuberta cando estan prohibidas polas NN.SS, por non falar dunha altura pola rua inferior maior coas excusa de tapar a medianeira do edificio do lado, unha demostración mais de que non só o concello non funciona axeitadamente senon que os organimos por enriba, caso Diputación ou Patrimonio por non falar da Xunta, deixan moito que desear.

Un exemplo do ben que se traballa desde eses e outros organismos, no casco histórico de Pontedeume está prohibido instalar carpinterias que non sexan de madeira. Pregunta, ¿por que entón a lei aplícase nuns casos e noutros non? Un exemplo vémolo na calzada nunha reabilitación reciente tiróuse coa fachada antiga e agora luce carpinterias de aluminio.

Faime moita gracia que este colectivo esté tan molesto con tódalas aberracións urbanísticas que se fan no pobo, cando algún dos seus membros e promotores tamén teñen moito que agochar, e como xa estou cansado de que anden fastidiando tanto á xente, porque está claro que se queixan dos promotores, pero a mín no me fai ningunha gracia, que anden a pór trabas e non pensen nos seus queridos veciños, que moitos metemos os cartos e levamos moito tempo esperando por unha vivenda que non da chegado pola súa culpa. Dense conta de que non só é a obra da casa de Don Pablo, ou caldagueiro…pero está claro que non lles interesa todo, moito atacar ós políticos, pero como xa comentan nesta páxina, hai moitas obras que se están pasando de largo e ninguén di nada. Qué intereses vos levan a facer todo isto, por qué só atacades a algúns, non entendedes que estades a perxudicar a moita xente…Eu estou en contra do feísmo, pero non entendo como podedes calificar todo de feísmo, dónde queredes que nos metamos, debaixo da ponte…Pontedeume precisa medrar, e bo para todos.

Parece mentira que a estas alturas e despois de tantos anos que leva feito o edificio anden poñendo trabas para que se remate a construcción.Non entendo cales son os intereses que teñen algúns en que ese edificio non chegue a rematarse,pero está claro que en Pontedeume e arredores hay cousas peores e ninguén fixo nada.Que me din da casa de Cheche en Centroña(Ventosa)que leva varios anos feita e é ilegal??que din tamén da casa que se está a facer o carón da Igrexa das Virtudes???eso si que queda mal no pobo,eso sí que é feismo e unha verdadeira aberración contra un pobo como Pontedeume.O que pasa é que aqui movémonos por problemas políticos e non polo interés polo noso pobo.Está claro que aqui quen forme parte dun partido determinado ou que sexa “amigo” de algén pode facer o que queira,mentres que os demáis temos que aguantar con todo o que nos voten e sen a posibilidade de ter unha vivenda digna tal e como xa pagamos unha boa cantidade de cartos por ela.QUE INTERESES TEDES NA OBRA DA CASA DE DON PABLO?????

como se nota que no sois vosotros los que comprásteis un piso en ese edificio y que los vecinos de Pontedeume no os importan porque hay mucha gente que ha invertido en esas viviendas y que ahora están sin casa y sin dinero,y que lo más probable es que,gracias a vosotros,tiren el edificio y con el las ilusiones de mucha gente que habia comprado ahi.Los intereses que tenéis son políticos y están muy lejos de los intereses del pueblo,ya que ese edificio no supone ningún problema para nadie,sólo para vosotros ya que hay cosas peores que se han hecho en el pueblo y todos calladitos no??como han dicho anteriormente,hay obras ilegales que siguen en pie y nadie hizo nada,y como han comentado anteriormente,es peor la casa que se está haciendo junto a la Iglesia de las Virtudes,ya que no encaja para nada con las casas que están alrededor y con la Iglesia,eso está claro,pero como es de quien es ahí nadie dice nada no??Si de verdad tanto os preocupara el pueblo y su feismo,os meteríais en otras obras y no sólo en esas,pero está claro que “quien tiene padrino se bautiza”

Antonio, estou totalmente dacordo contigo, a casa do fillo de Sardiña é mais que feísmo, pero claro, con eles non se meten. Ben se lle ve o plumeiro a estos…