A contaminación do Eume: predicíbel e perigosa


rio-eume-ix.jpgSen coñecer aínda as verdadeiras causas da contaminación do río Eume, a empresa Aquagest non dubida en utilizar a auga do río para abastecer á poboación eumesa. Unha medida precipitada que debería ter en conta os graves prexuizos que pode ocasionar a inxesta de auga contaminada na saúde das persoas. Non menos criticábel é a posición da Consellaría de Medio Ambiente que dilata no tempo as análises das mostras recollidas no Eume para o seu estudo. Con ánimo de tranquilizar á poboación os responsabeis do organismo autonómico apuntan a unha posíbel causa natural como determinante da alta acidez das augas, mais esta alta diminución do Ph só pode ser debida a causas provocadas por unha contaminación que ten a súa orixe nalgunha actividade industrial ou agrícola.

 

As autoridades deben explicar xa as causas da contaminación e tomar medidas adecuadas para que o río volva á súa situación natural sen agardar a que sexa a Natureza quen rexenere por si soa os estragos causados polo home. Asemade débense exixir responsabilidades aos causantes deste desastre ecolóxico en canto se coñeza a orixe deste mal que afecta oas seres vivos do río e á saúde humana.

 

Desgraciadamente non nos resulta estraño que estas situacións se repitan nun río que dende sempre foi utilizado como basureiro pola empresa máis contaminante do país e que as Administracións non toman en serio á hora de buscar solucións para o que é a fonte de vida dunha das paraxes mais fermosas qque posuimos. Todo o contrario, non desbotan a idea de instalar no seu entorno a industria papeleira que Ence prevé trasladar dende Pontevedra.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Animal
Presentadas as Directrices de Ordenación do Territorio

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Vos coma sempre oides cousas e sen informaros xa vos poñedes a criticar. Todo o criticades polo que xa cansades un pouco. Xa e sabido que a mortandad e por causas do pH pero vos como sempre a criticar e criticar. A pregunta seria porq aumentou a acidez do pH? e deixarvos de contaminacion algunha porque non se da o caso ainda.

Ese da vila fala por falar, algo moi habitual entre os vilanchos. Aumentar a acidez da auga xa implica contaminación. Claro que non toda contaminación equivale a acidez.

e tampouco se sabe moi ben contra quen tira, pois se ben Fusquenlla, xunto a outras asociacións, ten denunciado o proxecto do lago e o tendido do gaseoducto, a alarma sobre a contaminación partiu do colectivo de pescadores e logo foi recollida nos medios (La Opinión, Galicia Hoxe, La Voz). A contaminación do Chamodelo xa fora denunciada polo BNG das Pontes. Polo tanto, estarase referindo a toda persoa medianamente sensíbel co entorno no que vive e que procura que siga sendo habitábel?

SI home si, o Chamoselo, moi criticado polo BNG de As Pontes e resulta q so por baixar enturbiado, e cun pH de 5, unha acidez moi por embaixo a do couto de Ombre. E Manuel xa me diras en que afecta o gaseoducto? e se un pescador di que é contaminación e sae no xornal xa ten a razón? a caso son biologos e traballan en medio ambiente ou en augas de galicia? os cales, xa anularon a contaminacion. Sí incrementouse a acidez pois o ph baixou ata 3.6 fai tres semanas, pero repito q a pregunta e porque? e iso non o saben os pescadores e iso é o q se está a estudiar. Por certo, o pH actualmente está en 5 e a mortandade xa non se da. Agora porq non alavades a labor da Xunta, da Deputación e de Medio Ambiente que levan tres semanas coma locos analizando todolos dias inclusive en xornadas de 24hs, de esa xente nos vos acordades non?. Os pescadores son uns hipocritas q falaban de que morreron 100 reos e afectaría a reproducción, cando realmente esos 100 reos ian a ser pescados nos coutos pocucos metros mais arriba e polo tanto non desovarian no mes de decembro. Porq non choraron nos meses q pescaron eles 800 reos?? porq non o puxechedes aqui?? o ano pasado antes da desova pescaronse 800, onde estabades vos?? sodes “ecoloxistas” cando vos da a gana.

agradecese o comentario do biologo, ou do funcionario da Xunta, ou da Deputacion, ou da sociedade anti-pesca, ou de todo-esta-ben-e-sen-non-e-asi-deixadeo-como-esta

Dende logo nin traballo na Xunta nin son un antipesca, pero sei do que falo e defendo unha postura que non ven dada da información dos periodicos que entrevistan aos desinformados pescadores. O problema e saber porque descendeu o pH, pero non dicir que morren por contaminación, ou outras cousas que tamen dixeron alguns desinformados coma problemas víricos ou bacterianos. Se fixeron analises aos peixes e as augas e se a xente cualificada segue dicindo que non é por contaminación entonces porque dubidades?
Agora que subiu o pH e non hay mortandad case, non se vos aclaran un pouco máis as cousas?
Noraboa para os pescadores entón, posto que xa teran a opción de pescar 700 reos antes da desova este ano pero claro, iso non o denunciaredes aqui, non?