Animal
O venres, catro de xullo, ás 19:00, a Asociación Animalista Libera e a plataforma Stop Our Shame presentarán en Ferrol o documental “Animal” no local do Ateneo Ferrolán. Esta proxección supón a presentación da asociación en Galicia e nela intervendrán activistas pro-dereitos dos animais. A cinta, do cineasta Ángel Mora, é unha denuncia do sanguento espectáculo que constitúe a chamada “festa nacional”, residuo anacrónico da España máis negra e brutal que unha minoría segue defendendo en nome de rancias tradicións.


