Pontedeume á cabeza de delitos urbanísticos


O fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Antonio Roma, declara que Pontedeume está entre os tres concellos da provincia con maior número de delitos urbanísticos

caldag6.jpgNunha conferencia celebrada onte na Fundación Caixa Galicia o maxistrado sinalou que este tipo de denuncias aumentou nun 50% no último ano e que a costa entre A Coruña e Ferrol acumulan a maior parte. Son os concellos pequenos os que concentran este tipo de delitos pois, segundo o fiscal, son os que menos medios posúen para facer fronte ás numerosas irregularidades que o urbanismo favorece. Os concellos que máis denuncias acumulan na provincia de A Coruña son Arteixo, Pontedeume e Mugardos.

Hai que lembrar que en Pontedeume hai abertas varias dilixencias por diversas infraccións urbanísticas. Unha grande parte corresponden a construcións realizadas na franxa de protección do litoral. En Nogueirosa xa se anularon 8 licenzas de chalés levantados en zona de protección. Outro tanto ocorre en Boebre e Centroña onde a CPTOPT mandou demoler construcións que non contaban cos permisos necesarios. As máis de 90 vivendas que Lagares e Álvarez construíu en Caldagueiro foron declaradas ilegais pola mesma consellaría. Estes mesmos promotores viron como o edificio erixido na Av. de Ferrol foi denunciado por Fusquenlla ante o fiscal Antonio Roma, sendo admitida a trámite dita denuncia. Tamén o edificio a carón de Correos está inmerso nunha denuncia ante o Tribunal Económico Administrativo.

En total hai máis de 200 vivendas do concello de Pontedeume que se atopan sumidas nalgún contencioso por conculcar a lei de ordenación do territorio. Un problema denunciado ata a saciedade polo colectivo Fusquenlla e agora ractificado polas declaracións do maxistrado especializado en asuntos urbanísticos do TSXG.

Máis información en Diario de Ferrol

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
As Pontes: unha bomba de tempo
Fadesa, a crise dun sistema

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores