Pontedeume ten illa


A Consellería de Política Territorial vén de protexer o illote de Carboeira e o val inferior do Eume nas súas Directrices de Ordenación do Territorio. LaOpinión

carboeira_illa.jpgPontedeume dispón dunha única illa ou máis ben dun illote, o de Carboeira. Situado fronte a praia nudista de Ínsua, en Boebre, vén de ser protexido polas novas Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), recentemente aprobadas pola Xunta. A illa Carboeira únese deste xeito ás outras paraxes protexidas da comarca eumesa, coma son o parque natural das Fragas do Eume e o Lugar de Interés Comunitario (LIC) Xubia-Castro, que inclúe os municipios da Capela e As Pontes, no Eume, así coma os de Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño e As Somozas, en Ferrolterra.
Non é a única zona que protexe a Consellería de Política Territorial nas súas novas directrices, coas que pretende definir un modelo territorial para Galicia que estableza unha nova relación entre o campo e a cidade e que promova un desenvolvemento sostible, así coma a protección da natureza e do patrimonio cultural.
O Executivo galego tamén protexe, xunto coa illa Carboeira, o val inferior do Eume, que está fóra dos límites do parque natural e inclúe a todos os municipios eumeses excepto o das As Pontes.
A única illa de Pontedeume leva o mesmo nome que a punta na que se unen a ría de Betanzos e a de Ares, a punta Carboeira. Así coma o illote semella non ser nada especial, máis que para os rapaces que se botan a nado cara a el, no caso do accidente xeográfico é diferente. Nel atopáronse antigas laudas sepulcrais, polo que se presupón foi lugar de enterramentos e os máis vellos falan dunha antiga capela ou igrexa neste lugar.
Hoxe, ademais do valor arqueolóxico, a punta Carboeira ten
valor para as institucións marítimas. O territorio competencia da Capitanía Marítima da Coruña abrangue dende a punta Carboeira ata a punta Río Sieira, no Concello de Porto do Son. A Capitanía Marítima de Ferrol ten competencias no anaco de costa que vai dende a punta de Estaca de Bares ata, de novo, a punta Carboeira.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Unha nova ameaza: o superporto Ártabros
Informe Bandeiras Negras de Ecoloxistas en Acción

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Alégrome moito da protección de esta illa, xa iba sendo hora.
Os naturiais de Boebre son chamados “Cainceiros” xa que din as persoas mais vellas que o paso da illa a punta se facia por medio de Cainzos cando se atopaba a igrexa neste lugar.
Quero puntualizar que as laudas sepulcrais se atoparón na punta, tamén chamado “coto de Lago”, cando se abriu a pista que remata a beira do mar. E é de destacar que tamén está catalogado no lugar o “Castro da Insua” así como pezas cerámicas romanas.
Si algún día se chegaran a facer excavacións arqueolóxicas, dou fe que se atoparían moitas novas.
Saudos.