Unha nova ameaza: o superporto Ártabros


p1040450-2.jpgUn destacado dirixente socialista, Manuel Cendán, afirmaba hai uns días que o proxecto “Superporto e Refuxio Ártabros” contimuaba a súa tramitación ante os correspondentes Ministerios. O Superporto Ártabros é un proxecto que data de 1991 e conta co patrocinio , entre outros, de Bbva, Ferrovial Agromán, Galp Enerxía, Iberdrola, Inditex Grupo, Sacyr-Vallehermoso (información da páxina http://www.artabros.es). Segundo os autores “Ártabros é un proxecto innovador que expón a construción en Galicia dunha gran área portuaria-loxística-industrial mediante un porto comercial de última xeración, de carácter privado, capaz de dar refuxio a calquera tipo e tamaño de buque”.
A construción deste megaporto efectuariase na ría de Ares, unha das poucas aínda virxes en instalacións industriais e contaminantes. Hai que lembrar que xa existen dous portos nas inmediacións desta ría: o de Ferrol e o de A Coruña. O superporto de Ares tería unha extensión de 6 km. de longo e 2 de ancho e estaría enclavado na entrada da ría de Ares eplano2.jpg Betanzos. O lugar forma parte da Costa Ártabra e comprende diversos paraxes protexidos na rede Natura 2000. Amais, o feito de bloquear a entrada da ría suporía unha alteración das correntes mariñas cuxas consecuencias serían imprevisibeis para o hábitat mariño desta enorme superficie que abrangue a poboacións tan importantes como Ares, Pontedeume, Betanzos e Sada, moitas delas dunha grande riqueza marisqueira.
Por se alguén discute o impacto ambiental e altamente contaminante deste plan debemos engadir que o superporto Ártabros contempla a instalación dun gran polígono industrial de 7,7 Km² e como proxectos previstos están a construción de tanques sumerxidos de almacenamento de gas licuado e outros combustibles, porto refuxio para siniestros marítimos, plantas de biodiesel e bioetanol, planta de gas, planta de ciclos combinados, planta eólica e planta solar, complexo naval plano4.jpgde reparacións e base de salvamento marítimo. En suma, procúrase a creación dun gran clúster portuario entre Ferrol, Ares e A Coruña.
Quen fala da necesidade de convertir a Galiza nunha potencia enerxética non ten en conta o alto prezo que supón transformar este país nun gran almacén de industrias contaminantes e perigosas, mudando e destruíndo a nosa paisaxe. Ao perigo que entraña a planta de gas de Reganosa en Mugardos hai que engadir o deste megaproxecto que contempla unha nova planta e almacenamento de gas somerxido así como o abrigo de buques en perigo que tan tristes lembranzas nos evoca o pasado (léase Prestige).
É a Administración galega, que chama a conservar o hábitat e os espazos protexidos da Rede Natura 2000, a que debe rexeitar con vehemencia esta idea empresarial que só busca un rédito económico privado a expensas da verdadeira riqueza de Galiza. Foron moitos os erros cometidos polos gobernos galego e español no relativo á concesión de proxectos que non atendían á necesaria conservación da riqueza natural das nosas rías e dos recursos económicos da nosa xente. Un novo atentado destas características demostraría o lonxe que están da sinceridade as manifestacións públicas dos políticos.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Un 6% das vivendas do centro histórico de Pontedeume atópanse en ruínas
Pontedeume ten illa

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Os políticos, cando estan exercendo, están noutra dimensión do espazo-tempo. Temos que ser as persoasa que formamos a sociedade civil de a pé quen os rescatemos para facerlles ver a realidade

Os políticos, cando estan exercendo, están noutra dimensión do espazo-tempo. Temos que ser as persoasa que formamos a sociedade civil de a pé quen os rescatemos para facerlles ver a realidade
http://feneconcello.blogspot.com

Si non saiu adiante con Fraga na Xunta, non quero nin pensar en que poidan aprobar tal aberración os da suposta ezquerda.
Non so vai un megaporto, sinon tamen un poligono industrial ao oeste de Ares.
Impresentable todo esto, todo un delirio.

Si con Fraga na Xunta non saiu adiante, non quero nin pensar en que poidan aprobar tal aberración os da suposta ezquerda.
Non so vai un megaporto, innecesario e futuro refuxion de petroleiro a punto de afundirse, sinon tamen un poligono industrial ao oeste de Ares.
Impresentable todo esto, delirante, agardemos que quede en papel mollado.

Non están falando dunha nova Planta de Gas, senón do traslado da Planta de Gas de Reganosa

[...] preocupan as críticas, se son sinceras. A polémica sobre o traslado de Reganosa tamén está no Colectivo Fusquenlla, en Galiza non se vende, ou en Chuza. Á marxe obviamente do orixinal en [...]

Traslado de planta de gas ¿pero ainda hai algun que cree nos paxariños preñados? estamos de coña