Expropiación
Perante os problemas que afectan a edificios do casco histórico, a solución que se impón é a expropiación
Moitos dos edificios que forman parte do casco histórico están en situación de abandono total e sobre eles pendura a ameaza do derrubamento. A lei exixe aos propietarios poñer os medios para evitar isto, e aos Concello dalles a facultade de expropiar para garantir a existencia dun ben tan escaso e preciado como son os cascos históricos.
Agora hai que sumarlle a este problema a negativa do Arcebispado para acondicionar o Hospitalillo como albergue de peregrinos. Hai uns días un grupo de italianos tivo que ser acollido por unha cidadá que se prestou a aloxar aos camiñantes no bar da súa propiedade. Unha vergoña para o Concello de Pontedeume que se sinte incapaz de prestar un servizo que outros Concellos próximos, Neda e Miño, si teñen.
A Consellaría de Industria tiña pensado acometer este ano as obras para acondicionar o antigo Hospitalillo pero a negativa do Arcebispado bota polo chan este proxecto. A Adninistración quere agora buscar alternativas para crear un albergue, mentres o Hospitalillo seguirá abandoado e deteriorándose. O Concello de Pontedeume, en colaboración coa Xunta de Galiza, debe iniciar os trámites para expropiar esta construción que forma parte da historia da vila, asegurando así a súa pervivencia e o seu uso público



La acción de la Santa Iglesia Católica y Apostólica me recuerda a una vieja copla:
Señores la burra es mia
y en la burra mando yo,
cuando quiero digo arre,
cuando quiero digo sió.
Y la pregunta es ¿quién es la burra?.
Pero está escrito: Lo que des se te dará, y lo que hagas te harán.
Y aún los curas de la parroquias se preguntan porqué en Galicia las recaudaciones para la iglesia son menores que en otros sitios.
Apoyo completamente el desahucio del mal llamado hospitalillo, para que sea un buen Albergue de Peregrinos, teniendo en cuenta que lo importante no es Santiago, lo importante es el Camino.
Olga