O Goberno galego aproba o Plano Acuícola
Finalmente, e a pesar da oposición xeneralizada de plataformas veciñais e do conxunto das organizacións ecoloxistas, o goberno galego aprobou onte, en medio das protestas, o “Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentarina na Costa Galega, Revisado”, máis coñecido como Plano Acuícola. Este proxecto expropia terreos nalgúns dos máis privilexiados e virxes recantos da costa galega para poñelos en mans das multinacionais do peixe de granxa (Pescanova, Stolt Sea Farm, Isidro da la Cal), fomentando unha actividade económica antiecolóxica (fan falla tres quilos de peixe bravo para producir un quilo de peixe de granxa), de forte impacto ambiental e pasaxístico e que compite coa actividade pesqueira artesanal. O Plano aumenta en maís de 755 000 m2 o anteriormente proxectado. Tamén promete 1966 empregos directos, cifra difícilmente xustificable debido á mecanización do proceso. Nun discurso falaz o presidente Touriño afirmou que se preservarán os espazos naturais da comunidade, cando a realidade é que a agresión ao ecosistema, ás formas tradicionais de vida e ao paisaxe poden ser brutais. A rede de colectivos GALIZA NON SE VENDE convocou unha concentración en Compostela para amoxar o seu rexeitamento ás políticas que favorecen aos grandes grupos empresariais a costa do interese xeral. A loita continuará, e entre os colectivos integrados na rede non se descarta a formulación dun contencioso administrativo no momento mesmo en que o presente plan entre en vigor. As mellores piscifactorías son as nosas rías!


