Segue a conta
Unha nova concentración foi convocada polo CCE para este venres, ás 20 horas, xunto ao edificio da Xunta de Galicia en Ferrol. O motivo, a chegada doutro metaneiro con destino á regasificadora de Mugardos. Trátase do “LNG Abuja”, con 20 anos de antigüidade, 93.000 toneladas de rexistro bruto, 285 metros de eslora, 46 metros de manga , un calado de 12 metros e unha capacidade de 126 530 metros cúbicos.
Trátase do “LNG Abuja”, con 20 anos de antigüidade, 93.000 toneladas de rexistro bruto, 285 metros de eslora, 46 metros de manga , un calado de 12 metros e unha capacidade de 126 530 metros cúbicos.
Non é esta a primeira vez que o buque visita a ría para descargar o gas natural procedente de Nixeria. Ten bandeira de Bahamas e é propiedade da Nixeria LNG Ltd., compañía na que participan Shell, Nigerian Nacional Petroleum Corporation, Total e Eni. O goberno nixeriano, que ten un contrato de suministro de gas natural licuado con Endesa, é, xunto as compañías petrolíferas, o principal responsable da destrucción do delta do Níxer e do exterminio da súa poboación. Un dos líderes máis activos na defensa da terra e do pobo ogoni, o poeta Ken Saro-Wiwa foi asesinado en 1995 polo exército logo de denunciar as prácticas de Shell.


