Chega o PXOM?


Despóis de múltiples retrasos, o goberno municipal prevé presentar o novo PXOM nas próximas datas. Segundo informou recentemente o concellerio de urbanismo o goberno local está a espera de que a empresa redactora do Plan, Consultora Galega, lle confirme a data para poder presentalo aos grupos da Corporación antes de levalo a pleno para a súa aprobación inicial. “Pretendemos que la presentación del PGOM tenga lugar en septiembre, si se puede antes de las fiestas da As Peras, pero los redactores del plan nos han pedido un par de días para confirmar el día”, explicaba Eugenio Otero

Unha sucesión de singulares episodios imposibilitou a chegada a bo porto deste Plan, desde o fracaso político do anterior equipo municipal, en boa medida atribuíble á súa incapacidade para elaborar un Plan de Ordenación Municipal axustado á legalidade e respectuoso coa singularidade paisaxística e urbanística do noso concello, ata as repentinas ausencias do arquitecto municipal ou as actuacións do aparellador, hoxe apartado das súas competencias por presuntas irregularidades urbanísticas.

Desde estas páxinas temos denunciado a incomprensible demora na aprobación dun Plan de Ordenación Municipal que acumula un retraso de dez anos, e que só a desidia, senón a connivencia dos nosos responsables públicos cos intereses dos promotores inmobiliarios, podería explicar.

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
O camiño da Ínsua
Segue a conta

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

So comentar que o informe emitido pola Xunta cos aspectos a retificar é de 8 xuño de 2007, increible que Consultora Galega teña tardado 14 meses en correxir o que a Xunta indicou. Pero bueno daremos por boa a tardanza si dunha vez se adaptou as directrices da Xunta e se aproba no próximo pleno para pasar a exposición pública e así rematar xa coa fase oscurantista e que os veciños podemos facer as nosas alegacions.