A quen beneficia o "boom" urbanístico?



Seria interesante desbotar certas ideas que xustifican o crecimento urbanístico como fonte de riquezas para as vilas ou cidades que teñen que soporta-lo. Se parece claro que son os próprios habitantes das vilas os máis perxudicados pola proliferación de “moles” urbanísticas que afean a paisaxe e alteran a sua forma de vida convertendo a tranquilidade en masificación, ruídos, deterioro de servizos, etc. agora resulta que incluso o sector hosteleiro, o que nun principio se pensaba que podia ser o máis beneficiado pola situación, tamén resulta prexudicado polo crecimento excesivo e insostíbel das cidades.

A maior asociación impulsora do turismo en España, Exceltur, que agrupa a cadeas de hoteis, empresas de transporte, liñas aéreas, axéncias de viaxes, etc. elaborou un informe acerca dos impactos sobre o entorno, a economia, e o emprego dos modelos de desenvolvimento turísticos. Este informe é demolidor ao afirmar que cada vez máis os turistas estranxeiros permanecen menos tempo en España debido fundamentalmente ao proceso de urbanizazón que adopta un modelo de masificación e de deterioro do medio ambiente. Un modelo que prima o crecimento sen unha planificazón adecuada que converten en urbanas zonas que até agora eran rurais ou case rurais, chocando coas demandas do novo turismo que se inclinan cada vez máis pola tranquilidade, pola natureza e polo médio ambiente.

Tamén se recolle no informe a repercusión ambiental que orixina a urbanizazón sobre as costas, coincidindo cos postulados de organizacións ecoloxísticas. Ademais de expulsar a un sector turístico importante, triplicará-se o consumo de auga e enerxia, diminuirá o espazo para albergar xente nas praias e xeraria-se unha inxente cantidade de resíduos que en moitos casos seria difícil tratar.

Tamén resalta o informe que o modelo urbanístico é ditado polas empresas construtoras e que condiciona a curto prazo a competitividade dos seus recursos naturais e dos seus espazos lúdicos ao tempo que pon en risco as suas próprias infraestruturas. Reclama como alternativa un modelo máis sostíbel de urbanizazón.