FUSQUENLLA | urbanismo sost�bel e racional

Pola defensa dun Pontedeume mellor


 

COUREL

As canteiras do Courel a ceo aberto

Nestes tempos que vivimos a explotación de canteiras a ceo aberto non é comprensible nen aceptable. É propio só de paises terceiromundistas, dependentes económicamente e colonizados polo capitalismo mais feroz.

Para ceder a explotación dunha canteira, segundo a lei de minas, esíxese que a empresa , a quen se lle concede a explotación, deposite unha fianza que deberia de cubrir económicamente os gastos derivados da recuperación ambiental do terreno despois que terminasen os traballos extractivos. Esto , ademais de ser imposible na realidade , nunca se cumple. Ou a empresa da falencia, ou muda de nome , ou o que é mais común, realiza a explotación sen permiso legal. A inmensa maioria das canteiras , en Galiza , están a traballar sen licenza. Se xa incumplen a primeira das premisas, como van cumplir a derradeira que implica a restauración ambiental unha vez abandonada a explotación?. Alguén coñece algún caso, na Galiza, en que esto se cumplise? Seria un ejemplo.

No Courel , non só as canteiras estan a traballar sen permiso, senón que a mais agresiva delas a da Campa, da empresa Cupire Padesa ten unha orden legal de peche .

Aliás a canteira continua a traballar desfacendo a montaña, pondo barrenos perto das casas dos veciños, e desbotando os seus entullos ao rio. O Rio Quiroga xa está perdido, e agora o Lor comeza a estalo tamén.A canteira aproveita apenas o 1-5% o resto e deitado ao medio.

Os entullos das canteiras provocan alteracións físicas no entorno por formar unha escombreira de pedras rotas , invadiren cursos de auga, modificaren o terreno,e tamém alteracións de tipo químico, polos contidos en diferentes minerais que as rochas agochaban na sua estructura e que agora son ceibados no meio. Xofre, Ferro, Molibdeno, Antimonio, Arsénico, etc, acaban por envenenar as augas dos rios das montañas, os que outrora eran limpos e ricos en pesca e vida . A única riqueza que deixan as canteiras a ceo aberto ,son os poucos postos de traballo que duran o tempo da explotación. Trás de si , as canteiras so deixan destrución e “mal país”.

As palabras Desenvolvimento Sustentable, as figuras de Protección do medio como LIC (Lugar de Interés Comunitario) Rede Natura 2000, Parque Natural, Reserva da Biosfera, parecen non contar para o noso ben mais preciado :

As Montañas do Courel. Onde se da-até agora- a maior biodiversidade e xeodiversidade de Galiza,onde existen sinais de povoamentos desde a mais recuada prehistoria.

Hoxe canteiras que traballan sen licenza, e mesmo con prohibición de actuación están a destruir os seus montes “dos tesos cumes”.

Desde ADEGA queremos facer un chamamento xeral a toda a povoación, de Galiza e do mundo para que esta desfeita pare. As persoas que traballan nesas industrias extractivas deberian seren compensadas. Nos pedimos desde a nosa Asociación que se arbitren subsidios e prexubilacións para os poucos traballadores que as canteiras empregan.

Pedimos tamén que se faga un plan de desenvolvimento integral do Courel, en que a carne de calidade, as castañas seleccionadas,a madeira e o mel alí producido, sexan comercializados con denominación de orixen. O Courel ainda vende. É coñecido pola maioria da intelectualidade internacional.Mas , se a destrución continua esto xa non seria posible.

Darialle mais ingresos ao Courel a promoción dos seus fillos senlleiros ( entre os cuais o noso ben querido Uxio Novo Neira ) que a destrución irreversible das suas montañas , que so benefician aos poucos explotadores das minas.

Esiximos , por tanto, un Plan de Desenvolvimento integral do Courel que ten que envolver as diferentes Consellarias:

Medio Ambiente, Educación, Industria, Cultura, Medio Rural, Sanidade ,Vicepresidencia, e Presidencia da Xunta.

O Courel é a nosa riqueza. É a Terra Matria, e está en perigo de desaparecer irreversiblemente. Temos un Governo Galego que , despois de tantos anos de actuar de costas viradas ao País, agora nos da algo de esperanza no futuro.

Pedimos , como habitantes desta Terra, que exerza como tal.

Adela Figueroa Panisse

Presidenta de ADEGA



  • Seccións

    • Principal
    • Manifesto
    • Urbanismo
    • Mercado municipal
    • Colaboracións
    • Galería
    • Lexislación
    • Contactar
  • Ligazóns



Arquitectura galega

Prestige, nunca máis
Salvemos Monteferro

*Foro Fusquenlla

Queremos a tua opinión

*Novas

Unha escolma de novas aparecidas nos xornais sobre urbanismo








FUSQUENLLA | urbanismo sostíbel e racional para Pontedeume