BNG-SADA
Forabolas extra
¿PORQUÉ
SUSPENDEU A XUNTA O PLANEAMENTO URBANÍSTICO MUNICIPAL ?
As razóns aducidas públicamente pola Consellaria de Política Territorial, Obras públicas e Transporte (CPTOPT) para a suspensión das Normas coinciden substancialmente co que veu defendendo o BNG na sua práctica política mediante escritos, alegacións, denuncias públicas, iniciativas nos plenos, e mesmo solicitando convocatorias de plenos extraordinarios para tratar de poñer remedio ás ilegalidades e incumprimentos urbanísticos do goberno municipal. Ao noso entender éste é o decálogo de razóns que avalan, xustifican e motivan a medida adoptada pola Xunta:
1ª RAZÓN.- O BNG ven denunciando que o goberno municipal concedeu licencias ilegais en solo de núcleo rural e que infrinxen clara e manifestamente a normativa urbanística local e galega. Son as famosas licencias para vivendas plurifamiliares. Despois de que o goberno municipal desatendera os reiterados requerimentos e advertenzas do BNG, puxemos os feitos en coñecemento da CPTOPT. A Xunta, tendo coñecemento destas circunstanzas e da sua gravidade, viuse obrigada a suspender o planeamento municipal (algo que está previsto legalmente e que tamén se fixo noutros concellos).
2ª RAZÓN.- O BNG denunciou reiteradamente os incumprimentos das obrigas legais de remitir á CPTOPT copia dos instrumentos urbanísticos aprobados recentemente. Desde a moción de censura non remitiron á Xunta ningún dos Estudos de Detalle (ED) aprobados e tramitados durante o seu mandato. As razóns deste incumprimento son evidentes: a maioría deles son nulos de pleno dereito. Un deles, o ED das Brañas, aprobado polo goberno e por ASU no mes de avril, foi revocado –previa solicitude dos propietarios dos terreos - no pasado mes de novembro, despois de que o BNG se vise obrigado a recurrir xudicialmente dito ED, ao ser nulo de pleno dereito.
3ª RAZÓN.- O goberno municipal veu tolerando pasivamente as ilegalidades urbanísticas, negándose a executar ordes de demolición de edificacións que incumplen claramente a normativa urbanística. Un exemplo claro é unha edificación na Avda da Mariña-Praza da Pescadería, na que o goberno municipal négase a executar a orde de derribo dictada en xaneiro de 2004 polo goberno presidido polo BNG naquel entón, porque unha parte do edificio ten dúas plantas de máis sobre as permitidas legalmente.
4ª RAZÓN.- O goberno municipal aproba ou modifica, ou intenta modificar, algúns instrumentos de ordenación urbanística coa única e exclusiva finalidade de favorecer intereses particulares de determinados promotores e en contra do interese público e da legalidade urbanística.
5ª RAZÓN.- O goberno municipal autoriza demolicións de edificios tradicionais de importante valor, como a casa do sarxento en Meirás ou a casa da finca Campanioni en Riobao, tolera pasivamente a destrucción da arquitectura popular e tradicional dos barrios da Tenencia e Fontán, non adoptando as medidas necesarias para a súa posta en valor nin utiliza os instrumentos que as propias normas contemplan para a súa protección e conservación.
6ªRAZÓN.- O BNG ten denunciado a venta a prezo de ganga dos aproveitamentos urbanísticos do Patrimonio Municipal do Solo. Temos demostrado, con tasacións realizadas por empresas especializadas na materia, que o Concello de Sada deixou de percibir perto dun millón de euros, que foron regalados a determinados promotores con prezos irrisorios avalados polos informes do arquitecto contratado a dedo polo sr. Ares. Ao mesmo tempo, e mentras se venderon 8.370,84 m2 de edificabilidade municipal, non se promoveu desde o Concello nin unha soa vivenda de protección pública (VPO).
7ª RAZÓN.- O goberno municipal planifica determinadas obras públicas de asfaltado de camiños, abastecemento de auga e saneamento, non en función do interese público, senón das demandas e necesidades de determinadas promotoras de urbanizacións, que deberían ser en realidade as que executasen e pagasen ditas obras.
8ª RAZÓN.- O goberno local levou a cabo unha desfeita urbanística e medioambiental na zona das Brañas, saltándose todo tipo de normativas, executando obras sen autorización e incumprindo as ordes de paralización dictadas pola Xunta, o que ocasionou a actuación da CPTOPT (incoando un expediente de reposición da legalidade), así como a apertura de dilixenzas penais previas no Xulgado de Betanzos, por denuncia da Fiscalía especializada en delitos medioambientais e contra a ordenación do territorio do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
9ª RAZÓN.- O goberno municipal despois da moción de censura, en febreiro de 2004, contratou a dedo a un arquitecto, mediante a modalidade de contratación administrativa, para que informara os proxectos de obras e os instrumentos urbanísticos (entre eles as licenzas que o BNG e máis a Xunta consideran ilegais). A día de hoxe continúa traballando, grazas á reiteración ilegal de sucesivas contratacións administrativas e sen que fora convocada a provisión da praza para o seu desempeño por persoal funcionario.
10ª RAZÓN.- A incapacidade demostrada polo goberno municipal para tramitar un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) acorde coa legalidade urbanísica e que sirva para promover un desenvolvemento urbanístico sostibel e respectuoso co noso patrimonio cultural e medioambiental. O proxecto de PXOM presentado á COTOPT neste ano tivo cumprida resposta cun informe demoledor da propria Xunta (daquela gobernada polo PP).
¿ CÁLES SON OS EFECTOS E CONSECUENZAS DA DECISIÓN DA XUNTA ?
1.- Desde o 2 de decembro de 2005 (inclusive) suspendense en Sada o otorgamento de concesión de licenzas de obras de todo tipo e de parcelacións, así como a tramitación de calisquer instrumento de planeamento urbanístico (Plans Parciais, Estudos de Detalle, etc) ou de xestión urbanística (proxectos de equidistribución, etc).
2.- No prazo máximo de tres meses (é dizer, antes do 2 de marzo de 2006) a Xunta (CPTOPT) debe acordar unha ordenación urbanística provisional e transitoria. Desde ese momento reiniciase o procedemento de concesión de licenzas, etc.
Dita normativa provisional terá unha vixenza ata a entrada en vigor do novo planeamento xeral (Plan Xeral de Ordenación Municipal).
3.- A decisión da Xunta non afecta ás licenzas concedidas polo Concello con anterioridade ao 2 de decembro de 2005.
¿ CAL É A POSICIÓN DO BNG DE SADA ?
1.- O BNG de Sada quere amosar o apoio e respaldo á decisión da Xunta de Galiza, xá que desautoriza e pon o punto final definitivo á política urbanística levada a cabo polo Sr. Rguez Ares baseada na arbitrariedade, na vulneración sistemática das normas legais urbanísticas e no fomento ou toleranza da práctica do pelotazo urbanístico.
Por outra banda, a decisión da Xunta supón un espaldarazo ás teses que sempre defendeu o BNG referidas ao desenvolvemento dun urbanismo sostible e respectuoso co medio ambente natural e arquitectónico, de respecto pola legalidade vixente e de garantia do principio de seguridade xurídica para promotores, empresas e particulares.
2.- O BNG de Sada, compartindo os criterios da maioría da cidadania sadense, considera que a decisión da Xunta, ademáis de plenamente xustificada, vai evitar a continuidade na concesión de licenzas ilegais e dunha política urbanística ao servizo exclusivo da especulación e do pelotazo. Nin Sada debe ser unha Marbella dominada polas mafias urbanísticas nin o Sr. Rodriguez Ares debe ser o noso particular Gil y Gil.
3.- O BNG quere transmitir unha mensaxe de optimismo e de tranquilidade. De ningún xeito se vai paralizar o desenvolvemento constructivo en Sada. Do único que se trata é de impedir que continuen as ilegalidades urbanísticas e un urbanismo contrario aos intereses públicos.
Nun prazo máximo de 3 meses Sada vai contar cunha nova normativa elaborada desde a Xunta. Nese senso o BNG demanda da Consellaría que, á maior brevidade posible, Sada poida contar cunha nova ordenación urbanística provisional e transitoria e que posibilite a continuidade do proceso constructivo. Estas normas provisionais entendemos tamén que deben ser a base e fundamento sobre a que se debe asentar o futuro PXOM que Sada necesita.
A decisión da Xunta é unha boa nova para Sada, para os defensores dun urbanismo sostible, para os defensores da legalidade e do interese público, e tan só é unha moi mala noticia para o Sr. Ares e para un pequeno grupo que o rodea e que participa no chiringuito inmobiliario que tiñan montado.