OUTRA VOLTA DE FORMIGONEIRAS EN PONTEDEUME.

 
Semella que a corporación local de Pontedeume debe ter parte nalgunha planta de formigón porque senon non se entende esta insistencia en formigonar totalmente a vila e a sua costa.
 
O dia 10 de febrero reuniuse o Xefe de Demarcación de Costas de Galicia coa Corporación Municipal, e por certo non para falar das licenzas ilegales concedidas polo concello para construir vivendas en zona de costas, senon para continuar coa liña de atentados a natureza. Polo que trascendeu da reunión na mesma se xestou un novo ATENTADO MEDIOAMBIENTAL para a nosa vila, a realización dun paseo entre o baradeiro e a Macuca, incribel, as declaracions son:
 
 El jefe de la Demarcación de Costas del Estado en Galicia, Rafael Eimil, se comprometió ayer en Pontedeume a promover la ejecución de una ruta de senderismo que discurra desde el muelle hasta el lugar de A Macuca, así como a construir un paseo que bordee el mar en la misma zona”.
 
“Belarmino Freire destacó que la intención del Gobierno local y del organismo estatal es que el futuro paseo "se integre y respete al máximo la naturaleza".
 
Evidentemente este concepto de integracion e respeito axustase á ”forma de facer urbanismo” neste concello, supoñemos que a integración e o respeito será similar ao de as vivendas construidas en zona de costas, o edificio de Caldagueiro ou da estación, por non falar da torre aberrativa ao lado de correos, todas elas dignas de promoción polo mundo pola sua integración e respeito ao máximo coa natureza e o patrimonio histórico artistico.
Outro dos comentarios non ten desperdizo:
 
“En un principio el proyecto también planteaba el derribo del espigón que hay en A Magdalena, una medida que se desaconsejó finalmente para evitar la alteración del fondo marino y del medio en la zona”.
 
Un faise a pregunta de sempre que e primero o ovo ou a galiña, que estaba antes a praia ou o espigon, pero é que o “maldito espigon” non se trata dun dos maiores atentados que se fixeron na costa de Pontedeume, unha alucinación da alcaldesa de Cabanas, un espigón feito por un capricho para levar un vial de acceso á praia de Cabanas, que despois de comprobarse o seu nefasto estudo coa morte dunha persoa nun accidente de trafico polo perigoso do trazado, modificouse á posición correita pasando por debaixo da via do ferrocarril. O “maldito espigon” que retirou inxentes cantidades de area da praia de Cabanas, e que removeu totalmente os fondos mariños hinchendo a praia de cunchas de moluscos mortos. O “maldito espigon” que acabou con case medio kilometro de areal. A esto se lle chama “respeito á natureza”, e agora cando alguen plantea o lóxico “a demolición de dito atentado” se “desaconsejó finalmente para evitar la alteración del fondo marino y del medio en la zona”.
 
Agora como si iste atentado non fose suficiente queren repetilo na zona de Pontedeume, evidentemente non ibamos a “progresar menos que os veciños”, pero ¿como é a idea?, sustituir a natureza existente por unha de carton-pedra á imaxe de Marina D´or. Semella que o chamado respeito pola natureza e o medio ambiente consiste en facer un paseo con pedra traida dunha canteira homologada, con un asfalto ecolóxico (feito con neumaticos reciclados), farolas de refundición, e moitas traviesas usadas do tren, e ao final do paseo, a depuradora e a futura depuradora para a futura urbanizacion de Ber, depuradoras que van olir a rosas e verter capulliños á ria. Isto é a “maneira de facer urbanismo” isto “é ecoloxismo” isto “ é respeito pola natureza”. So lles queda facer a pista de 2 km de xelo artificial para esquiar no verán (debe ser que ainda non chegou algun iluminado a propoñelo ao concello), ¿e para cando o tan necesitado campo de golf en Pontedeume?, unha idea era facelo no campo de futbol agora que o sacan de alí, o futbol xa está pasado de moda, puag! un deporte para a plebe, ¿Non podería ser un minigolf cunha urbanizacion de adosados en Esteiro?, señor alcalde nos tamen queremos xogar ao golf, ¿Non nos estaremos quedando estancados?.
 
Polo que teño idea por comunicacions viales non vai quedar iste pobo, según comentarios feitos o verano pasado por parte do “non menos iluminado” tenente de alcalde do noso concello, a solución para o tráfico de vehiculos na nosa vila era “facer unha nova ponte”. Eu propoño unha solución mellor entubar a desembocadura do rio Eume, e rechear toda a ria entre Pontedeume e Cabanas, total para que serve todo ise espacio perdido agora, hasta se podian facer novas ruas e por suposto “unha boa cantidade de novas vivendas” “un par de centros comerciais” “ 18 multicines” “unha reproduccion da torre Eifel” “outra do arco da estatua da libertade” “unha reconstruccion das torres xemelas derribadas non 11S”, seguro que ainda non se lle ocurrira.
 
Outra boa idea da que me enterei é a que se lle propoñia dende o concello aos comerciantes de Pontedeume ante a sua preocupación pola chegada do “progreso” reflexado no “moderno comercio” a base de centros comerciais, era que alquilasen unha nave fora do casco urbano e levarán para alí as tendas, tampou ten desperdicio a recomendación, moi boa visión de futuro, vostedes si que saben.
 
O que non acabo de entender é que con a necesidade que ten este pobo de vivendas, ainda non se plantexaran tirar dunha vez os almacenes de raxoi, o antigo edificio do xulgado, o torreon dos Andrade e xunto con eles edificar vivendas tamen nos xardins de Lombardero, total para catro arboliños que hai alí, e catro nenos que hai no pobo, como vamos a ter paralizado o “progreso” desta vila por isa minucia, as vistas iban ser de primeira, lle podian chamar “mirador de la ria 2”, porque el “mirador de la ria 1” xa é a torre aberrativa ao lado de correos. Animese home animese, non se corte que xa non vai meter mais a pata do que xa a meteu. Igual en vez dunha estatua lle fan duas ou a saber si hasta un “mono-lito”.
 
 
X.G.