A unha cadeira (Ano Nimo)
Eufemio de Andrade
(1970-2049), reputado poeta na por entón "vila dormitorio"
de Pontedeume (antigas estructuras poboacionais, suburbios de
metrópole), adicou varios capítulos da
súa magna obra á incursión nos temas
de tipo histórico-social, con notorias tendencias ao
realismo dialéctico e á satira. Diversas composicións de
tipo costumbrista foron concebidas coa fin de por de relevo e criticar
con sutileza unha realidade social de clara tendencia feudal e
caciquil, derivación que sufriu o sistema de
autoridade-civil-temporalmente-supeditada, coñecido nos
tempos antigos coma "democracia representativa", durante os ciclos de
involución histórica. Quedando fóra do
alcance deste pequeno ensaio a explicación pormenorizada das
causas directas destes acontecementos e procesos históricos,
debido na súa maior parte ás dificultades que
existen na actualidade de comprender o funcionamento destas comunidades
tan primitivas que caracterizaron o século XXI
(véxase "Introdución á
economía liberal", Ed. Carracha, para un primeiro
achegamento), limítome a exemplificar a vida gubernamental
mediante unha adaptación dunha obra satírica do
tamén ilustre poeta Francisco de Quevedo (1580-1645),
levada a cabo por Eufemio durante a primavera do ano 2006.
Polo de agora segue sen existir unha explicación
mínimamente coherente do posíbel marco real no
que encadrar o poema de Eufemio, xa que as referencias
bibliográficas existentes sobre a vida
política da vila non son mínimamente
creíbeis, nin sequera plausíbeis. Non obstante, todo apunta a que se poden
establecer similitudes, a grandes rasgos, entre o contido do
poema e a verdadeira realidade da vila de por aquel
entón.
A una nariz
(Versión orixinal, F. de Quevedo)
Érase un hombre a una nariz pegado,
érase una nariz superlativa,
érase una nariz sayón y escriba,
érase un peje espada muy barbado.
Era un reloj de sol mal encarado,
érase una alquitara pensativa,
érase un elefante boca arriba,
era Ovidio Nasón más narizado.
Érase un espolón de una galera,
érase una pirámide de Egipto,
las doce Tribus de narices era.
Érase un naricísimo infinito,
muchísimo nariz, nariz tan fiera
que en la cara de Anás fuera delito.
A unha cadeira
(Doblaxe eumés de Eufemio de Andrade)
Éranse uns homes a unha cadeira pegados,
érase unha cadeira sufraxiada,
érase unha cadeira en decoro humillada,
éranse uns peixes rémoras recén pescados.
Era un esperpento mal representado,
érase unha soberbia autoridade,
érase un talante de acomplexado,
era Lazarillo cada vez máis catapultado.
Érase un tiburón de boa taxada,
érase unha torre de obra paralizada,
as doce Tribos de sociedade atrasada.
Érase un narcisismo infinito,
moitísima cadeira, de tanta desvergoña e excelencia
que na cara denotan enorme complaciencia*.
*Nota: debido ao mal estado do texto orixinal do poema de Eufemio, os estudiosos conviron en pór como derradeira palabra "complaciencia", se ben houbo sempre discrepancias de se o termo orixinal puidera ser tamén "autosuficiencia".