A crecente presión urbanística no litoral non é un
fenómeno novo; o desarrollismo dos anos sesenta
estimulouna e lonxe de minguar acada nos nosos días un
ritmo de crecemento imparábel. Os datos son
estremecedores: cun ritmo de crecemento máis elevado
que en Murcia, nos próximos dez anos prevénse
construir en Galicia 500 000 vivendas, gran parte
delas na costa. Zonas de Asturias e Galicia que ata
agora lograron manterse case vírxenes comezan a
encherse de arrepiantes complexos turísticos e de
campos de golf. A desaparición de valiosos
ecosistemas, como os humedais, os sistemas dunares, as
formacións vexetais autóctonas, son algunhas das
consecuencias deste proceso.
O desprazamento xeográfico da especulación desde a
costa levantina -con cerca dun tercio da costa
cementada- cara a franxa cantábrica e atlántica
obedece en gran parte á saturación turística desta
rexión, onde a euforia urbanística está a converter
improductivos eriais en monótonas urbanizacións
devoradoras de auga e solo. Pero existen outras razóns
de peso, como a presencia de capitais procedentes das
actividades do narcotráfico. É ben sabido que Galicia
é unha das zonas de desembarco preferidas en Europa
polas mafias internacionais da droga, que ven na
construcción a forma máis eficaz de blanquea-los
cartos.
O lado oscuro do desvarío urbanístico non remata aqui.
A complicidade das autoridades locais, que perverten o
valor de uso que debe te-lo solo, transformandoo nun
mero valor de cambio, acumulan a mans cheas ingresos
procedentes das recalificacións, das licenzas de obra
e das comisións, completa o cadro de delincuencia
territorial que a febre constructiva xenera.
Existe, polo demáis, unha errada visión -froito dunha
unha interpretación perturbada do progreso- sobre as
bondades dun modelo de crecemento que afirma a
inevitabilidade do fenómeno urbanístico, a
inesgotabilidade dos recursos naturais, o relativismo
do concepto de feísmo e coloca a énfase no ladrillo e
no emprego precario e explotador.
Semella que esquecemos varias cousas. Unha é que o
modelo convencional de turismo de masas -baseado no
consumo voraz dos recursos naturais e no deterioro
irremediable do entorno natural- ten os seus días
contados, ante a emerxencia de destinos turísticos
novos e máis competitivos. Os costes da reconversión
das áreas deterioradas son enormes, como se pon de
manifesto naquelas comunidades onde se está procedendo
á reclasificación das prazas turísticas e á
recuperación das zonas degradadas pola excesiva
urbanización.
Outro imperdoable esquecemento é que a paisaxe é unha
das nosas principais fontes de riqueza, paisaxe
humanizada ó longo dos séculos ata configurar unha
peculiar forma de ocupación do territorio que é unha
das nosas irrenunciabeis sinais de identidade.
Hai máis de setecentos anos Alfonso X concedía a uns
veciños a carta de poboamento que daría orixe a vila
de Pontedeume. Nela o monarca resume nunha fermosa
frase o sentido daquel acto, nada que ver coas
promocións inmobiliarias que nos están a vender na
actualidade: "E nos, por fazer ben e mercede e porque
a terra sexa meior poblada e se manteña máis en
xustiza".
Manuel Domínguez