Un máis por Pontedeume
Ánimo coa vosa tarefa, perdon, a NOSA; pois como eumés
e galego animovos a que sigades traballando polo concello e a bisbarra
do noso pequeno cordon umbilical coa vida, o Eume.
Supoño que, polos intereses económicos, nos media non
vos será doado aceder á opinión pública, ainda que só pegando uns
carteis/follas en lugares correctos prao uso poderiades divulgar
moitisimo o cometido por Pontedeume, pois eu vos achei de xeito casual
na rede.
É certo que o urbanismo en Galiza é espantoso e custarán moitos anos abandoar o liderato internacional na producción de mugre e irracionalidade en xeral, ainda que penso que compre tamén concienciar a xente do tesouro que temos na Fraga do Eume, que recibe 80 000 visitas ao ano ( datos 2004/05) e que, a ultima vez que eu fun, so puiden ver a un dos fillos do ex-alcalde Sardiña fumando dento do Patrol da vixiaza forestal.
Se os eumeses/as tiveran coñecemento da riqueza, natural e económica, que se agocha ali, detrás dos eucaliptos, non o acreditarían! Milleiros de € e moitos postos de traballo en turismo responsable e de calidade na nosa propia vila!
Por iso, porque non todos no pobo teñen a conciencia de que o pobo É NOSO,da xente; de que temos que pararlle os pés a estos caciquiños de turno do concello, de que estase facendo un dano irremediabel na nosa bisbarra, por iso, e por moitos motivos máis, temos a responsabilidade de informar a toda a vila,de promovelo cambio na política ambiental e urbanística e de que nas vinderias eleccións municipais non teñamos xa máis ineptos no governo.

É ésta realidade de Pontedeume a que reclama unha sociedade civil eumesa ACTIVA, e
que non pode renegar no auxilio da súa propia vila e que ten a
responsabilidade de espallar na conciencia do pobo o que esta
acontencedo con accións coma esta e con moitas máis. Por iso, grazas
polo voso xeneroso traballo e non esquezades que xuntos poderemos
acada-lo cambio!
Unha aperta
Rubén B.A. (05-04-06)
Unha aperta
Rubén B.A. (05-04-06)