ACLARACIÓNS ÁS ACLARACIÓNS DO BNG SOBRE URBANISMO.
 
Despois de ver o “panfleto” que o BNG de Pontedeume distribuiu pola vila a principios de mes de Xaneiro, un non pode menos que quedar abraiado, dende logo despois da letura as dúbidas son moitas.

En primeiro lugar afirman “queremos manifestar que a intencion do BNG é apostar nidiamente por un desenvolvemento e unha xestión urbanística sostibles e proteccionistas dos valores históricos, culturais, paisaxísticos e ambientais do noso Concello e do pais no seu conxunto”. Boas intencións pero a verdade é que non hai nada mais lonxe das suas actuacións nesta vila, e menos cando levan case 3 anos no goberno local, mais ben semella a típica “cantinela” dos programas previo ás eleccions.

Seguidamente fala da redacción dun Plano Xeral de Urbanismo, “que nestas datas se presenta o Plano Xeral en Pontedeume”. Aclarar que a dia de hoxe non se fixo ningún anuncio oficial da presentación ao público de dito plan, e dende logo tampouco temos noticia de que se fixese a aprobación inicial, previa a exposición ao público. ¿Por qué non dan datas concretas, en vez de divagar tanto?.

A continuación fala da “nova Oficina Municipal de Urbanismo”, con persoal cualificado e suficiente para desenvolver eficazmente as súas tarefas. Procedemos a contratar un Arquitecto Municipal, e posteriormente un Administrativo, un Auxiliar Administrativo e un Policia Urbanístico.  A verdade é que aquí ninguen entende nada, a suposta transparencia non aparece por ningún lado, consultando os D.O.G non figura por nengunha parte o nomeamento do “novo arquitecto municipal”, se é o que saliu da oposición de escomenzou no pasado mes de agosto. Tampoco se lle fixo moita publicidade a suposta contratación dos novos administrativo, auxiliar administrativo e vixilante urbanístico, volveran a poñer a excusa (como no caso da contratación de un vixilante para o Castelo de Andradede) que en Pontedeume non hai xente interesada, e que nesta vila temos pleno emprego. Por favor acaben dunha vez a paxina web do concello e fagan tamén ahí públicas as ofertas de emprego, licenzas concedidas, acordos dos plenos, deixense xa de tanto ocultismo que o único que acolle é ao amiguismo é a recomendación que vostedes din que tanto aborrecen.

O BNG entende que esta é a forma de facer politica urbanística, sabendo, iso si, que os esforzos non sempre son apreciados polos viciños...  A verdade é que un non entende a que se refiren con esto “dos esforzos”, o único que se entende serán “os esforzos” para facer as cousas do xeito mais opaco posíbel. ¿Qué temos que apreciar os veciños, as torres aberrativas que estan permitindo construir ilegalmente?.

Logo fala do edificio de Caldagueiro, louvando as bondades do solo onde se dispón a edificación, e que as alturas permitidas son as fixadas nas Normas Subsidiarias do concello de Pontedeume. Evidentemente non fan referencia ao informe da CPTOPV, onde di que esta fora de ordeación a edificación, entre outras por superar a altura maxima en 50 cm. en cornisa, e en 1.20 m. na cuberta. Evidentemente o mellor e negar a realidade e buscar desesperadamente a aprobación do suposto novo Plan Urbanistico como o “elixir” que vai tapar todos os males desta vila.

A continuación falan da obra de Avda Dr. Villanueva ao que chaman “Casa de Don Pablo” (reminiscencias do pasado). De novo volven a facer referencia a “distintos profesionais”, asi como ao Servizo Técnico de Asistencia a Municipios. “Todos determinaron que se estaba a cumprir cos parámetros das normas de planeamento”. Os comentarios quedanse nesta mera “negación dos feitos”, sen aportar probas dos dictámenes de tales “profesionais”. Semella que o camiño da negación da realidade leva a que as obras “ilegais” acaben sendo “legais”. Farian moito ben en sacar a luz os dictámenes que afirman que “todo está legal”. Esos dictámenes aparte de xustificar os voadizos ilegais da obra, a existencia de 7 plantas e vez de duas, a superación dos supostos fondos edificabeis de 15 metros a 19.20 m., a saida de casetón do ascensor e rellano da ultima planta nas cubiertas, a construcción de vivendas independentes ilegais nos áticos, incluso a superacion en 1.20 m. da altura concedida na propia licenza, por non falar da xeración dunhas medianeiras salvaxes. Aparte de xustificar todo isto cos informes e recomendábel que vaian acompañados duns “chupa-chups” porque xa temos os dedos gastados de tanto chupalos do “tontos que somos”.

Logo falan da “sua loita contra os empresarios da construcion”, dicindo que son o concello mais activo contra a proliferación de urbanizacións, e que teñen paralizada a construcción de 300 vivendas por non cumprir coas Normas Urbanísticas. So se pode calificar de abraiantes as afirmacións, en primeiro lugar esta fora de lugar comparar Pontedeume con Cabanas, Ares ou Miño. No caso de Ares ten Plan Xeral dende o 1999, Miño dende o 2002, en Cabanas estan as Normas Subsidiarias e por iso case que non se construe, e o caso de Pontedeume e unha vila historico-artistico e con valores paisaxisticos inegabels, por favor non desprezen a nosa vila con comparanzas odiosas. Si a sua visión é que esta vila sexa como esas que din, deixen xa o concello por favor.
 
Vostedes so ven como se construe en outros concellos e volvense tolos, dende logo o que non son capaces de ver e como se estan deteriorando as vilas con este tipo de planeamentos salvaxes como é o caso de Miño ou Sada, o seu único afán é aprobar o novo Plano Xeral que lles permita legalizar as desfeitas que levan cometido, evidentemente xa lle mandarian a os redactores do plan as “infraccions urbanisticas” existentes para que as tapen. ¿E para tapalas van permitir a partir de agora facer voadizos a dous metros de altura dende a beirarrua, e voadizos de 1.60 m. de longo?¿Qué van a autorizar fondos edificabeis de 20 metros?¿Agora un baixo+2 tera unha altura de 12 m. en vez dos 9 actuais?¿Qué van deixar facer edificios de 7 plantas en onde agora so se podian facer duas?¿Van a legalizar xa os aticos ilegais, algo que tanto levan agardando nesta vila, que lle van a dar unha planta mais a toda a vila?¿Isto é o que ansían co seu novo Plan?. ¿Non sera por iso que fracasaron anteriormente en numerosas ocasions? pero claro agora os seus “acolitos” estan no goberno da Xunta, e xa non haberá problema, ¿Non é así?.
 
E increibel que se vanaglorien de ter paradas 300 vivendas que non cumpren as Normas Urbanisticas. ¿E logo para que pensan que estan ahí?. ¿Qué ian dar licenzas “ilegais” como as que deron para as vivendas unifamiliares en zona de protección costeira?. Temos moitas dudas de que si a día de hoxe ainda non se concederon istas licencias, e grazas a que algúns veciños deste pobo nos movilizamos contra tanta ilegalidad.

 
Finalmente recoñecen o inegábel: “Ainda así, non se fixo todo ben; temos que recoñecer que se cometeron algúns erros. Algunha desas obras poderíaselle buscar algunha solución mellor. No noso descargo, e sen ser unha escusa, temos que xustificalo na falta de persoal técnico do Concello, na limitación da normativa actual, e na falta de experiencia nos primeiros días da lexislatura”. So poido decir que os honra recoñecer que “meteron a pata”. Pero ao que vostedes chaman “erros”, a lexislación vixente denominalles “infraccións urbanísticas”, e ante istos “erros” a lexislación di claramente coma correxilos, xa que de non facelo se converten en “delitos urbanisticos”. O grave non é ter “erros”, o grave e querer tapalos con mentiras e ameazas.
 
En primeiro lugar “persoal técnico” xa temos dende hai 30 anos neste concello, ao menos se lle esta pagando por ese traballo, no caso de que dito “persoal técnico” non cumprise coas suas obrigas hai procedementos na lexislación para sancionar as conductas impropias. Vostedes son os que teñen que aplicar as leis, e o que non deben facer nunca é condear aos viciños desta vila a ter que sufrir as aberracions consentidas grazas a que alguén incumpriu coas suas obrigas.
 
Si agora que xa teñen esa “Oficina Municipal de Urbanismo”, con persoal cualificado e suficiente, ¿Por qué non investigan as obras en construción que estan denunciadas por infraccións urbanísticas “graves” e “moi graves”? Agora que xa teñen os medios cal é o problema para cortar as ilegalidades. ¿Por qué non se contestan as denuncias punto a punto razoadamente?. ¿Qué funcións vai ter ese novo “Policia Urbanístico”?. Non será cego, xordo e mudo.
 

Tamén e destacábel o derradeiro comentario: “ Sorprendenos moito a actitude tan activa e crítica dalgunha xente cando ese tipo de edificacións levan construindose dende sempre en Pontedeume (Edificio Pelamios, Entre Pontes, Eumesa, Ricardo Sanchez...).
Esta afirmación so se pode calificar de incríbel, en primer lugar afirman que se levan facendo “ilegalidades urbanísticas” dende sempre, pero vostedes danse conta da afirmación, parte da xente que aprobou istas aberracions está ainda non concello, é en concreto o técnico que leva dando todas os informes favorables a todas istas aberracions. E por outro lado é inxustificabel o que din, se porque xa existan edificaciós ilegais agora teñan que dar “barra libre”, non debería ser ao contrario ao entrar no concello “os salvadores da patria” deberían de corta de raiz coas infraccions urbanisticas.
 
En segundo lugar din “Sorprendenos moito a actitude tan activa e crítica dalgunha xente", decir que "esa xente" somos os veciños desta vila y estamos cansos de tanta burla, pero señores si isto vai en progresión xeométrica como non vamos a estar escandalizados.
 
Rematan dicindo que “piden mais rigorosidade e respecto nas suas afirmacions”, e que somos “ moito mais esixentes cos representantes do BNG”. O que solicitamos nos é que “vostedes sexan moito mas rigorosos e respeiten as leis e a  intelixencia dos veciños deste pobo”, en cuanto á segunda parte e lóxico que sexamos mais esixentes con vostedes, si cando estaban na oposición todo eran NON, NON, NON, e agora todo é SI, SI, SI. Como non vamos a estar cabreados si vostedes levan a mesma politica instaurada neste concello ao menos nos ultimos 30 anos, e que non é outra ca do CACIQUISMO, AMIGUISMO E OSCURANTISMO.
 
Por favor retifiquen, subsanen “os erros”, estan non momento e agora teñen os instrumentos para elo según din, deste xeito deixaran de escoitar queixas que por outro lado son o normal na democracia, e vostedes deberian de ser os primeiros agradecidos de que a xente participe na solución dos problemas que nos atinxen a todos os veciños desta vila.

 X.G.