Felicitacións desde Ortigueira

Felicítovos dende Ortigueira pola vosa iniciativa cidadá.Gustaríame facer o propio aquí, donde ameaza da especulación non é menor. É dificil entender a apatía polo tema do orden urbanístico nun partido como o BNG, pero nun concello gobernado polo PP sabemos que non se trata de apatía senon de intereses económicos directos que nin se molestan en ocultar. O importante é despertar a conciencia a nivel colectivo de que é posible que os cidadans e non só os constructores decidan como temos que vivir: Non só como queremos que sexa o noso entorno, senon as nosas vivendas. Xa vai sendo hora de que non teñamos mais opcións que esas vivendas feitas en serie,horriblemente monótonas, que parecen unha condena á vida alienada, e xa non só nas cidades senon nas vilas pequenas e no rural. ¿Para qué arquitectos e aparexadores municipais si quen decide as maneiras constructivas son os promotores, co seu mercantilismo miope e a sua mediocridade consubstancial? Canto mais penso nesto mais segura estou de que é un tema vital: A nosa vitalidade social e individual, a conciencia colectiva vese reflexada como nun espello na nosa forma de vivir. E canto mais docilmente soportamos as imposicións alleas mais menguados anímicamente ficamos. 

Patricia