Sopa de ganso eumesa



Pregunta: ¿as respostas do concelleiro de urbanismo ás preguntas formuladas polo COE no último pleno municipal están máis próximas a ironía ou á oligofrenia?.
Outra: ¿cómo se entende que o tenente de alcalde Manuel Rei criticara no periódico La Opinión (5 de xaneiro de 2006) a actuación de colectivos veciñais que, en lugar de entrevistarse con él para formularlle ás súas dúbidas con respecto ás irregularidades en Caldagueiro, presentaran denuncias (¿método antidemocrático?), cando o ir-responsable de urbanismo é incapaz de explicar nun pleno a dubidosa actuación do concello en materia de urbanismo?
Outra máis: ¿está chamando imbéciles o sr. concelleiro a todos aquelas persoas que lle votaron, ó recoñecer que é capaz de deixarse enganar por un constructor?
Á vista de semellantes respostas propoño que a partir de agora lle cambiemos o nome ó sr. Regueiro polo máis apropiado de Groucho, sempre e cando lle quitemos o apelido Marx
 
Khaleb