FUSQUENLLA | urbanismo sost�bel e racional

Pola defensa dun Pontedeume mellor


 

As deficiencias ou problemas nas parroquias de Pontedeume

Por Carpente 25/03/06


Son un veciño da parroquia EUMESA de Centroña, e escribo eumesa en maiusculas, porque parece que os nosos gobernantes só se acordan de que tamén somos de Pontedeume, cando hai eleccións ou ahi que pagar impostos. A miña aportación a este foro, é para dar a coñecer e queixarme de parte das deficiencias que ahi na nosa parroquia. Estas son algunhas das máis salientables:
- O cheiro continuo que temos que soportar cando imos pola parte baixa de Vizús, onde o alcantarillado desemboca nun depósito de mala morte, cheo de ratas e outros animaliños, antes de ir directamente á Louseira (unha baixada da nosa ribeira).
- A chapuza de Aquagest no camiño de Ventosa, que abriron unha zanxa polo medio do camiño, para meter un enganche de alcantarillado, e como viron que non era factible metelo por alí, taparon todo con escombros, quedando uns buratos que ata para pasar a pé é dificil, e xa non digo nada para pasar cos coches (¿para qué pagamolo imposto de rodaxe?¿para desfacer-los coches nos camiños?). O camiño xa leva así uns catro anos, e cando lles preguntamos ós gobernates que cando se vai arranxar, a resposta é "xa nos pasaremos por alí", e ainda os estamos agardando.
- O alcantarillado defectuoso de Castrelo, que vai parar ó pozo da auga dun veciño. ¿Cando se vai arranxar?¿Cando se intoxiquen os veciños e denuncien ó concello?
- O alumeado público na estrada, dende a Ponte da Curreira (en Ventosa) ata 100 metros antes de chegar a Ber, que leva prometido vai para dez anos, e ainda ahi que ir cunha lanterna para poder ver denoite, ou para que non te leve un coche por diante, e habendo casas nese tramo (e mais un negocio de hostelería que ten os mesmos dereitos ca os do pobo), que estes veciños tamen pagan impostos coma todos. Os nosos gobernates din que non é competencia deles, que depende da Dición, pero...señores, si non se solicitan, non van a vir a poñelas pola cara bonita!!!!
- Na pista polideportiva, ¿cando teremos un pavimento coma o do resto das parroquias para poder utilizala sen romper as pernas nela? ¡Que ten o cemento que tiña ahi vinte anos! (Ah! Felicito ós nosos gobernantes por dignarse a reparar o problema das inundación que sufriamos nos vestiarios cando chovía, que se metía o regueiro dentro. A ver si desta queda arranxado!!!)
- A xa coñecida promesa das beirarruas, que polo visto, parte da nosa parroquia, por non decir case toda, vai quedar sen elas. Según os que viñeron medir da Dición, só veñen 3600 metros de beirarruas para esta estrada, 3000 metros dende o chalet de Fraga en dirección a Pontedeume, e 600 metros dende Pontedeume, ¿qué é o que queda no medio?....CENTROÑA. E según o Concello, queda Ventosa e Vizús sen elas (e que os veciños destes lugares van voando).
- O parque O Muiño (en Vizús), que como siga a este ritmo, vai quedar simplemente nunha esplanada de cemento, porque cousa que rompe, non se arranxa, cortase polo pé, e rematan máis axiña. ¿E que os nosos rapaces non teñen dereito a xogar con columpios, tobogán, canastras, etc? Será que como agora se leva máis a PlayStation....
- A recollida do lixo, que penso que é o mesmo problema que en tódalas parroquias de Pontedeume. Non deben chegar os cartos que pagamos para recolleno-lo lixo tódolos días, ou, tan sequera, día si e día non, pero non recollelo cada tres ou catro días, se lle cadra. E o cheiro que teñen os contenedores, que ata da grima abrilo para tira-las bolsas do lixo. Ah! ¿Non creen que debían poñer algún contenedor máis para reciclaxe? Os veciños de Ventosa, teñen que ir ata Vizús se queren reciclar plástico, vidro ou cartón. (¿ou terano que queimar na horta coma hay corenta anos?).
- O camiño VECIÑAL que vai dende a ponte da Correira ata o de Ventosa, está sen pavimentar, e os propios veciños temos que votarlle area ou outros recheos para poder pasar por él, xa que cando chove, é unha lameira.
- O burato que ahi diante do bar Mosquera, que ata que se esfonde de todo e ocorra unha desgracia, tampouco se arranxará. O concello só se dedica a rechealo cando vai baixando mioto, e nada máis.
Podería seguir escribindo as deficiencias que ahi na nosa parroquia, pero entón non remataría nunca. Penso que tódolos veciños de tódalas parroqias, deberiades face-lo mesmo, para que os nosos gobernates saiban o que nos fai falla, xa que parece que non o saben, ou que tapan os ollos, os oidos, e ata mesmo o fuciño, cando pasan polas nosas parroquias, se é que pasan (é seguro que polo menos, cada catro anos pasan).








  • Seccións

    • Principal
    • Manifesto
    • Urbanismo
    • Mercado municipal
    • Colaboracións
    • Galería
    • Lexislación
    • Contactar
  • Ligazóns

pontedeume.blogspot

Arquitectura galega

Prestige, nunca máis

FUSQUENLLA | urbanismo sostíbel e racional para Pontedeume