Escola unitaria de Nogueirosa
Quería denunciar a situación da parroquia de Nogueirosa con respecto a escola unitaria que se encontra a carón da pista polideportiva. A finca onde se encontra a escola foi comprada por todos os veciños da parroquia para a construcción por parte do Ministerio de Educación y Ciencia da escola unitaria, e como agora esta escola se encontra en desuso, a asociación de veciños de nogueirosa intenta facerse coa sua cesión para convertila nun local social. O concello de Pontedeume deu sempre largas para esta cesión, xa que educación e ciencia xa a cedeu pero quedouse con ela o concello de Pontedeume. A asociación de veciños moveuse para conseguir saber a situación da escola, o seu propietario ou a quen lle corresponde o seu uso, pero todo esto foi en valde. O concello no respondeu as cartas e agora apareceu, o 27-5-2006, un artigo na Voz de Galicia no cal o concello de Pontedeume vai derrubar a escola unitaria para a construcción dunha garderia municipal. Nos demais concellos, como o de Miño, as escolas unitarias foron cedidas as parroquias para o seu uso, pero a de Nogueirosa vai ser derruida para facer unha garderia. A gardería quedaría mellor na escola Couceiro Freixomil, xa que a van derruir e facer menos edificios, terían espazo suficiente para a construción da gardería e de aparcadoiros, porque deso neste pobo non hai ningún. Pero eso non lles colle na cabeza aos gobernantes, teñen que vir a quitarlle á parroquia de Nogueirosa un terreo que foi comprado polos veciños e que lle correspondería a todos os veciños, e non facer unha gardería. Con esto non quero decir que a gardería estexa mal, que sempre fai falla, pero estaría mellor no recinto do Couceiro, xa que quedaría máis cerca do pobo. Pero o que eu me supoño é que, visto o que fai este concello, na superficie que non usaría o novo colexio de Couceiro queiran construir máis edificios, e non facer aparcadoiros. Eu so quero que a cada parroquia lle corresponda o que é seu.
Dave 28/05/06