Comunicado desde Monteferro
Imos entregar hoxe as firmas que,
gracias a todas e todos os que aquí estamos e moitos máis
que non están, conseguimos xuntar en tan pouco tempo.
Entregaremos tamén unha copia do noso Proxecto Alternativo para
un uso sostible do monte.
Defendemos Monteferro, un pequeno espacio natural privilexiado, dun monstruoso proxecto que significaría o seu fin: a realización dunha absurda carretera, un anel ao redor do monte, con principio e fin nunha descomunal rotonda. Unha rosquilla sinistra con beirarrúas, farolas e aparcamentos que, na zona do cumio, chegaría a ter 16 metros de ancho. Por se fose pouco, tamén se quere asfaltar un camiño de baixada a Portocelo.
Defendemos Monteferro porque xa vimos desaparecer pouco a pouco moito do noso patrimonio natural máis valioso e non queremos. que a desfeita continúe. Nin por avaricia, nin por ignorancia, nin por mala fe.
Defendemos o patrimonio natural, etnolóxico, arqueolóxico e histórico de Nigrán e do Val Miñor e pensamos que todo xunto constitúe precisamente o seu auténtico patrimonio turístico. Ninguén virá visitarnos cando todo estea asfaltado e construído.
Defendemos Monteferro porque defendemos Nigrán e non queremos un Nigrán devorado cheo de edificios nos que non vive ninguén, baleiros todo o ano menos un mes. Non queremos vivir nunha vila de casas pechadas e persianas baixas. E, a pesar de tanto ladrillo, os aquí nacidos teñen que marchar para atopar vivenda noutras vilas e lugares con prezos menos prohibitivos. Os que xa temos máis de corenta cumpridos recordamos as dunas de Gaifar. Os máis novos teñen que conformarse con fotos.
Durante dous anos, día tras día, camión tras camión, foron levando toda a area. Logo parcelaron, venderon e edificaron. Todo en nome do progreso. Eran outros tempos e outras dictaduras.
Pensabamos que algo así non se podería repetir. Hoxe estamos diante da Casa do Concello, a institución que debería velar pola conservación de todo ese patrimonio, onde toda a chuvia caída desde aquela debía ter aclarado as ideas do que é, e do que non é progreso. Pero parece que para aclarar as ideas de algúns tiña que chover lixivia.
Agora tocoulle a Monteferro. E é precisamente o máximo representante desta casa, quen, unilateralmente, sen debater sequera o asunto nun Pleno, firma a súa sentencia de morte.
Monteferro é un pequeno espacio cun gran valor. É un tesouro que chegou ata hoxe. Medio espoliado polo SAU e outras lindezas, resistiu ata hoxe, cando xa deberíamos ter aprendido dos erros anteriores, cando por todas partes temos exemplos claros do que nunca se debeu facer, exemplos que un Alcalde e un goberno municipal deste século, deberían coñecer.
Os folletos de promoción turística do propio Concello venden un Nigrán cheo de encantos naturais que eles mesmos están a destruír.
Para eles nada ten valor porque todo ten prezo.