Nova plataforma ecoloxista
Colectivos veciñais, asociacións culturais ou
políticas, grupos ecoloxistas da comarca do Eume: o
día 18 de abril, ás 18.30, no local da Asociación de
Veciños de Fontelonga, en Esteiro (Ferrol), terá lugar
unha asemblea aberta a todos aqueles colectivos,
asociacións de veciños e partidos políticos das
comarcas do noroeste de Galicia co obxectivo de crear
unha plataforma en defensa da sustentabilidade, da
protección ó patrimonio natural e cultural, do dereito
á vivenda fronte á especulación, a conservación dos
centros históricos das nosas vilas e da promoción da
participación cidadá para construir unha sociedade
realmente democrática, plural e aberta.
Na reunión debatirase o documento-base que a
continuación se adxunta e que, unha vez que recolla
todas as enmendas pertinentes e sexa aprobado, servirá
de ideario á plataforma.
Entre os colectivos participantes atópanse asociacións
de veciños de Ferrol, Artabria, Lapisverde, Unión
Libertaria, Colectivo Menáncaro, a Plataforma pola
defensa dos montes de Brión,o Colectivo Fusquenlla.
A continuación transcribimos o borrador que servirá de base para a discusión e creación dun manifesto común.
PREAMBULO
PREAMBULO
O Cumieiro de Río de Janeiro de 1992 concluiu a necesidade de que os cidadáns tomaran parte nas decisións que atinxen a sostibilidade dos asentamentos humanos.
Posteriormente na Carta das Cidades Europeas Cara a Sostibilidade (Carta de Aalborg-1994), partindo dunha realidade caracterizada polo esgotamento energético do planeta, a destrucción sistemática do medio ambiente natural e un paulatino empeoramento da calidade de vida, as cidades europeas apostan por percorrer un camiño cara a substitución das actuais fontes de enerxía de orixe fósil por fontes de enerxía renovables, pola mellora da calidade de vida e a protección do medio ambiente.
Neste camiño trazado na Carta de Aalborg defendíase a participación cidadá como un dos eixes imprescindibles para acadar estes obxectivos.
Hoxendía, máis dunha década despois da Carta de Aalborg, vemos como no noso entorno urbano e natural inmediato, lonxe de camiñar na liña proposta por este documento, as diferentes administracións se empeñan en levar a termo proxectos que atentan en contra da calidade de vida dos cidadáns, (e moitas veces tamén en contra da súa propia seguridade), depredando e degradando o patrimonio cultural e natural herdado, desenvolvendo políticas territoriais, urbanísticas e enerxéticas insostibles.
Xurdimos pois en contra dunha política inxusta, antidemocrática e insostible , irresponsable cara ao futuro dos nosos fillos e depredadora ca herdanza dos nosos pais.
DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS.
Entendemos que a nosa acción en pro dos obxectivos expresados ten que ser democrática, transparente e pública, levando parello un esforzo de información e difusión das nosas propostas, co fin de que o que nos defendamos sexa representativo da opinión e dos intereses da maioría dos cidadáns.
Para garantir o desenvolvemento efectivo destes principios democráticos planteamos que a toma de decisións debe ser en asembleia pública e aberta a calquer organización que subscriba os obxectivos xerais aquí enunciados.
Esta plataforma está composta por entidades e asociacións cívicas con políticas propias e independentes, e se declara a-partidista e a-confesional.
OBXECTIVOS XERAIS
A defensa das deberán estar apoiadas na formulación realista de alternativas sempre e cando esto sexa posible. Así entre outras apoiamos:
- as políticas basadas no transporte público e nos modos non contaminantes fronte as que defenden a prioridade do vehículo automóvil.
- As dotacións públicas (asistenciais, sanitarias, culturais, deportivas, sociais, docentes…) e os espacios públicos como centro da vida da cidade fronte a exclusividade dos centros comerciais e a privatización dos espacios e servicios públicos.
- O dereito a unha vivenda digna fronte a especulación inmobiliaria.
- As fontes de enerxía renovables fronte aos combustibles fósiles.
- A preservación do patrimonio cultural material ou inmaterial, da biodiversidade e dos espacios naturais fronte á depredación e destrucción en aras de simples intereses económicos.
- A defensa da igualdade fronte a marxinación e a exclusión social.
- A defensa da continuidade histórica do territorio e o necesario entendemento das súas estructuras económica e medioambiental como apoio necesario para un desenvolvemento sostible.
ACCIÓNS E PRINCIPIOS ORGANIZATIVOS.
Cada nova incorporación á plataforma expoñerá o seu problema, e o conxunto dos membros terá que decidir se está dentro dos fundamentos da propia Asamblea para facelo un tema propio. Do mesmo modo é imprescindible que cada novo membro acepte sen discusión todos os obxectivos e preceptos anteriormente aprovados.
Farase unha asamblea cada mes en cada concello ou barrio que será aberta polo anfitrión, e cada participante contará con 5 minutos para expoñer o seu problema. Fará de moderador unha persoa do lugar onde se celebre.
En cada asamblea poderáse presentar por escrito unha resolución final que será botada e configurará o comunicado de prensa.
Cada mes se intentará facer unha asamblea monográfica sobre temas propios, coa participación de especialistas.
Cada mes se intentará facer unha asamblea monogr´fica sobre temas alleos.
O cargo de voceiro da asociación será rotatorio, co fin de trasmitir aos medios e á sociedade a imaxe plural da plataforma. Ningunha persoa, entidade ou asociación poderá actuar como voceira da plataforma dúas veces consecutivas.
No futuro redactarase un regulamento que desenvolva na práctica estes principios.
F