Orde de paralización da obra de Caldagueiro
O Concello de Pontedeume ditou unha orde de paralización da obra que Lagares S.L. construe en Caldagueiro. Esta orde foi emitida o dia 15 de marzo do 2005 e até agora foi silenciada polos responsabeis do Concello.
A historia comenza en novembro do 2004 cando a Conselleria de Política Territorial, Obras Públicas e Urbanismo requeria ao concello de Pontedeume a suspensión da licenza e paralización das obras, por estimar que se estaba a incumprir a legalidade urbanística.
Posteriormente, en marzo de 2005, a mesma conselleria dita de novo unha orde de suspensión e paralización despois de que o concello incumpri-se o primeiro requerimento.
Como consecuéncia de todo isto o alcalde de Pontedeume ve-se na obriga de proceder á suspensión inmediata das devanditas obras.
Na práctica, esta orde de paralización non foi acatada pola empresa promotora ao igual que as outras duas obras que tamén se atopan nun proceso de suspensión.
A ocultación deste gravísimo feito, ademais doutras implicacións, ten unhas consecuéncias importantes para os compradores das vivendas que se poden atopar nunha situación de indefensión por descoñecer o estado legal dos inmobeis que adquiriron.
O que segue é unha cópia da orde emitida polo Concello de Pontedeume.

