FUSQUENLLA | urbanismo sost�bel e racional

Pola defensa dun Pontedeume mellor


 


Cómo afectará a piscifactoría de Quilmas ós seus veciños


A franxa costeira do municipio de Carnota, e en concreto de Quilmas, é un dos poucos lugares de Galicia que aínda mantén un aceptable estado de conservación e que representa un ecosistema litoral significativo polos seus valores ecolóxicos, culturais e históricos, estreitamente asociados á historia e á cultura da poboación local.
Un grupo empresarial multinacional quere destruila con unha explotación agresiva co medio, no seu único beneficio e coa complicidade de unha administración incompetente.

Priorizar a iniciativa de un grupo empresarial sen ter en conta a opinión dos usuarios tradicionais de esas terras é un claro exercicio antidemocrático, ó amparo de unha política desarrollista da que só se beneficiarán uns poucos.

A poboación local, en un país democrático, está lexitimada mais que ninguén para decidir acerca do futuro dos seus espacios. A forma na que se pretende levar a cabo a ampliación, con utilización fraudulenta das leises, é un abuso de poder.

A piscifactoría destrúe a paisaxe de forma brutal. Os valores ecolóxicos de esta franxa litoral foron incluidos na Rede Natura coma un dos espacios valiosos a conservar, sen embargo:


A situación da piscifactoría non só afecta a terreos incluidos na Rede, senón que está no lugar mais visible de Quilmas e tamén da ría de Corcubión
Para esta ampliación vanse sacar toneladas de terra para tirala en calquera sitio creando unha nova escombrera, tal como fixeron coa actual instalación.
Invadirán e destruirán os camiños e sendas veciñais como fixeron na actual piscifactoría ca que ademáis destruiron un espacio húmedo e as árbores que o limitaban: a lagoa do porto de Quilmas.  Coa máxima impunidade.

A piscifactoría destrúe o patrimonio cultural mais importante de Quilmas. O porto de Quilmas a finales do século XVIII era un dos mais importantes lugares de producción de conservas de peixe con 3 fábricas de salazóns. Hoxe consérvanse restos de estes almacéns e un conxunto de casetas de pescadores dos séculos XVIII e XIX que constitúen unha auténtica xoia patrimonial, un conxunto único en Galicia, pero:

Vai ser arrasado pola proximidade das instalacións da piscifactoría e os accesos previstos que atravesan o conxunto.

A piscifactoría contamina o mar de forma calada pero moi agresiva. As piscifactorías elixen os lugares de costa mais rica e menos contaminada para establecer as súas industrias. Estudian ben, antes de instalalas, o potencial das augas, o oleaxe e tódalas demais condicións. En estes lugares singulares producen:
Verquidos sen control de residuos mui contaminantes, incluso tóxicos, con alta carga orgánica (que precisan para alimentalos peixes), hormonas (que precisan para o engorde), antibióticos e productos químicos desinfectantes (que precisan para evitar as enfermedades dos peixes)
Unha elevada contaminación dos espacios mariños naturais. Cerca do 85 % do fósforo, un 80-88 % do carbono e un 52-95 % do nitróxeno utilizado pasa ó mar directamente producindo unha importante alteración dos fondos mariños no radio de un kilómetro mar adentro como mínimo.
Enfermidades nos peixes e mariscos da zona (morren moitos peixes da piscifactoría,  os mortos van ó mar e contaxian enfermedades ós peixes salvaxes) Un estudo levado a cabo polo Centro de Investigación da Pesca dos EEUU, descubriu que as especies introducidas contribúen a eliminar o 68% de las especies nativas.
E como pronto queren facer “peixes mellores”, xa están maquinando introducir a manipulación xenética que afectará ainda máis a un ecosistema xa alterado.

As piscifactorías teñen un impacto económico negativo para os lugares nos que se instalan. 

Impide o desenrolo de calquera outra actividade alternativa como a pesca tradicional, a agricultura ecolóxica ou o desenrolo do turismo.
Os solares e as propias vivendas deprécianse nun momento en que hai un gran impulso económico na zona. Os veciños non reciben ningunha compensación polo impacto negativo indirecto sobre os bens non ocupados pero moi afectados no seu valor.
Ameazan de expropiación forzosa, como si se tratara de unha obra de gran interese e necesidade para a poboación. Os propietarios reciben unha miserable compensación económica polos terreos ocupados. A empresa de piscifactoría paga os impostos fóra mentras os de Quilmas sofren as consecuencias negativas.
Á larga destrúe mais postos de traballo dos que crea. Os productos naturales serán cada vez mais cotizados e os de piscifactoría menos. Os productos naturales poderían ser de todos, pero os da piscifactoría serán de uns poucos, que viven lonxe de aquí.

A piscifactoría afecta á calidade de vida e pode ser fonte de enfermedades importantes:
Haberá contaminación acústica xerada polos seus potentes motores: pola noite no lugar vez de oír o son do mar, oiránse os motores da piscifactoría.
Proliferarán especies agresivas, como as gaivotas: se pola noite imos oír os motores polo día sumaranse ó concerto os camións que presten servicio á piscifactoría e as gaivotas que se aproximarán cada vez mais ás casas.
Destruiranse espacios de esparcimento. As praias e as sendas non se poderán usar
Aumentará o risco de enfermedades polo uso masivo de antibióticos, hormonas e desinfectantes que crearán infeccións resistentes aos tratamentos.

O futuro queda hipotecado: si se accede ás peticiones actuales de ampliación increméntase a incertidume ante potenciales novas propostas: ¿Cántas novas ampliacións, modificacións de ese entorno se van a producir e cántas poderemos evitar? ¿Cántas infraestructuras de apoio á planta acuicola se van a instalar?, ¿Acaso os accesos e outros elementos complementarios da planta non aumentarán os impactos en un tempo relativamente curto?
Si agora a disculpa é que xa existe unha instalación, cando ésta sexa máis grande ¿Qué quererán facer?

A mellor piscifactoría é a propia costa de Quilmas, que podería ser aproveitada para xerar riqueza para os que viven hoxe aquí e para xeracións futuras. Ca súa destrucción ganan empresas alleas a nós e perdemos todos.

  • Seccións

    • Principal
    • Manifesto
    • Urbanismo
    • Mercado municipal
    • Colaboracións
    • Galería
    • Lexislación
    • Contactar
  • Ligazóns



Arquitectura galega

Prestige, nunca máis
Salvemos Monteferro

*Foro Fusquenlla

Queremos a tua opinión

*Novas

Unha escolma de novas aparecidas nos xornais sobre urbanismo








FUSQUENLLA | urbanismo sostíbel e racional para Pontedeume