Resposta ao grupo municipal do BNG


Ante a resposta dada polo grupo municipal do BNG ás declaracións do colectivo Fusquenlla e publicadas no xornal La Opinión, é preciso contrastar os critérios expostos por uns e outros. Non pretendemos manter unha polémica co BNG sobre o que é certo ou falso. Remitimo-nos ao parecer dos cidadáns que saberán xulgar e atopar a verdade.

Cando Fusquenlla fai unha crítica a certas edificacións nas que considera que existen supostas irregularidades urbanísticas non inventa dados nen se erixe en xuiz de nengunha causa. Limitamo-nos, neste caso, a recoller as conclusións que a equipa de técnicos da Consellaria de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ditou a raiz dunha inspección realizada ao edificio situado na zona de Caldagueiro. Polo tanto, se o BNG desminte a Fusquenlla, realmente está desmentindo á CPTOPV.

Así, o grupo municipal do BNG no Concello de Pontedeume nega que o devandito edificio estexa en solo non urbanizábel. Pola contra, a CPTOPV cita no seu informe:

A clasificación do solo como urbano nas NN.SS. de Pontedeume, clasificación na que se fundamenta a licenza, non se corresponde coa realidade física existente na actualidade tal e como se pon de manifesto no informe dos vixilantes urbanísticos ao sinalar que se trata dun solo ubicado entre dúas estradas, fora da malla urbana, carente de edificacións e dun grao efectivo de urbanización e que unicamente conta con servizos de auga e electricidade ao pé da estrada á que dá fronte a edificación denunciada. 

Esta descrición resulta corroborada pola reportaxe fotográfica obrante aos folios 101 a 103 do expediente e pola circunstancia, recoñecida no informe técnico municipal (folio 14 do expediente), da existencia de dúas rúas proxectas que aínda no se chegaron a executar.

O solo no que se empraza a edificación denunciada non pode ser clasificado na actualidade, e moito menos ao tempo de aprobación do vixente planeamento municipal en 1986, fai 18 anos, como solo urbano xa que como sinala reiterada e constante xurisprudencia do Tribunal Supremo (entre outras, sentencias de 26 de xaneio e 20 de novembro de 2000, e de 23 de outubro de 2002): As facultades discrecionais que, como regra xeral, han de recoñecerse ao planificador para clasificar o solo na forma que estime máis convinte, teñen o seu límite no solo urbano, pois solo pode clasificar como tal o que efertivamente o é no momento no que o plan se formule e non outro. A realidade fisica do terreo na actualidade, descrita literal e fotograficamente no informe do vixilante urbanístico, nos termos en que quedan expostos, pon de relevo que as NN.SS de Pontedeume clasificaron, fai 18 anos, como urbano solo que aínda agora carece dunha urbanización básica constituída por vías perimetrais e dos servicios urbanísticos precisos para ser considerado como tal|. En consecuencia, a ilegalidade da norrna
municipal ao clasificar como urbano solo que non o era arrastra a correlativa ilegalidada da licenza que nela se fundanenta.

En todo caso, aínda que se lle atribuira a este solo a clasificación de urbano, por aplicación da disposicibn transitoria primeira, apartado 1. b) da LOUG, en ningún caso podería calificarse de consolidado por non reunir as condicións establecidas no arfigo 12.a) do devandito texto legal; e tratándose de solo urbano non
consolidado seria preciso, conforme ó artigo 20 d) da LOUG, proceder a distribución equitaiva dos beneficios e cargas do planeameno co anterioridade ó inicio da execución material deste, ó que non se procedeu no suposto examinado.

Cando se desminte por parte do BNG que a licenza de obras fora concedida sen o preceptivo informe técnico municipal, o informe da Xunta de Galiza certifica que o informe técnico foi elaborado sete meses despois do otorgamento da licenza municipal:

Prévio ao informe técnico favorábel do arquitecto municipal, de data 23/12/03 (folio 17 do expediente) a comisión de goberno do concello, coa mesma data e nº de expediente 1/5/2003 (fólios 18-21 ), outorgou licenza urbanística municipal para a construción dun edificio de 51 vivendas, tres plantas de soto para garaxes, unha planta baixa comercial, tres pisos altos e un baixo cuberta en solo urbano consolidado nivel 2, Z1-C2 en avda. Dr. Villanueva, do Concello de Pontedeume.

Por acordo de data 6 de abril de 2004 (fólio 23) a Xunta de Goberno Local| aprobou o correspondente proxecto de execución.


Tamén desminte o BNG que se vulnera-se o artigo 104 da Lei do solo 9/2002 ao afirmar: "El artículo 104 hace referencia a las carreteras, un tramo de vía entre áreas urbanas, según recoge la normativa sectorial y no dentro de ellas. La avenida Doctor Villanueva forma parte del entramado urbano de Pontedeume y no le es aplicable, por tanto, dicho artículo".

Máis ben parece que non leron o art. 104 ou non o entenderon, pois dito artigo di no seu apartado b)

Nos lugares de paisaxe aberta ou natural, sexa rural ou marítima, ou nas perspectivas que ofrezan os conxuntos urbanos de características histórico-artísticas, típicos ou tradicionais e nas inmediacións de estradas ou camiños de traxecto pintoresco, non se permitirá que a situación, masa ou altura das construcións, muros e cerramentos, ou a instalación doutros elementos, limiten o campo visual para contemplar as belezas naturais, rompan a harmonia da paisaxe, desfiguren a perspectiva própria dela ou limiten ou impidan a contemplación do conxunto.

Por se isto non abonda-se, tamén o informe da CPTOPV di que:

           En segundo lugar, a licenza de referéncia vulnera frontalmente a                 norma de aplicación directa contida no artigo 104 b) da LOUG

e engade:

O valor paisaxístico desta zona está acreditado pola declaración da comarca eumesa como paraxe pintoresco polo Decreto 2.234/1971, paraxes que, ... conservarán a condición de Bens de lnterese Cultural.

...

As propias NN.SS de Potedeume recoeñcen. de xeito incidental|, o valor paisaxístico da zona.

...

Tal previsión non evita que a edificación obxecto deste expediente constitúa un paradigna dos atentados á paisaxe que o precitado artigo 104 da LOUG poscribe.


Máis argumentos do BNG: “El grupo municipal del BNG subraya que las normas subsidiarias de 1986, donde se fija la altura máxima de las viviendas permitida en la avenida Doctor Villanueva, fueron aprobadas por la Xunta, que permitió que construcciones como la criticada por el colectivo Fusquenlla fuesen ejecutadas”.

O parecer dos inspectores da Xunta parece ser diametralmente oposto, pois afirman:

Ademais, tal e como se recolle no informe dos vixilantes urbanísticos (folio 93) a obra realmente executada non se axusta as condicións da licenza outorgada no que se refire á altura máxima da edificación (12 m.) que acada 12,50 m.; á existencia de ocos na fachada posterior dos semisotos, ocos que non figuran nos
planos do proxecto que serviu de base á concesión da licenza e á altura de
cumbreira que é de 5,12 m superando os 4,00 m de altura máxima permitida.


O citado informe remata cun requerimento ao Concello de Pontedeume polo cal lle insta á suspensión das obras e a revisión da licenza:


Requirir ao Concello de Pontedeume pa que proceda a revisar a licenza outorgada pola comisión do goberno, con data 23 de decembro de 2003 e número de expediente 175/2003 por ser contraria ao ordenamento urbanístico nos termos expostos na consideración xurídica dete informe, e para que cumpra as súas obrigas, impostas polo artigo 209 da LOUG, respecto das obras executadas sen axustarse ás condicións da referida licenza.

O artigo 209 da LOUG establece: Cando se estivesen executando obras sen axustarse as condicións sinaladas na licenza, o alcalde dispoñerá a suspensión inmediata dos devanditos actos e procederá a incoar o expediente de reposición da legalidade, comunicándollo ao interesado.

Non parece xustificábel esta actitude do goberno municipal que se empeña en manter-se á marxe da legalidade, como non é tampouco aceitábel que se oculta-se aos cidadáns este informe da CPTOPV no que se declara ilegal unha obra que foi e é rexeitada pola maioria dos eumeses, non sendo este o único informe que cuestiona a legalidade dunha obra en Pontedeume.

Sobre o edificio que alberga o mercado municipal asegura-se que “se buscará a mellor solución, sempre con absoluta transparéncia e contando coa participación de todos os colectivos afectados”.

Preguntamos-nos nós se só son afectados os comerciantes da zona centro. Por que non o son o resto dos comerciantes? E o resto de eumeses, que podemos pensar, e temos razóns para face-lo, que non queremos que se privatice o solo público e que nos gostaria unha rehabilitación dun edificio que Património declara que debe ser preservado?

No que si debemos felicitar ao goberno local é por ter nomeado un novo arquitecto municipal, ao tempo que pedir-lle, alegando esa transparéncia da que se presume, que den a coñecer a sua identidade. Será probabelmente unha boa nova que permitirá albergar esperanzas dun futuro mellor, convencidos da imposibilidade de ir a peor.